A Vicepresidencia da Deputación impulsou a posta en marcha desta rapa da man de Equus Norte
Daniel García destacou “a boa acollida desta rapa que apoiamos desde o inicio, investindo na infraestrutura necesaria para organizala” e destacou “a presenza de mocidade loitando cos cabalos no curro como mostra da vitalidade desta tradición que reflicte unha forma de vida e de relación cos animais e co territorio que forma parte do noso patrimonio”
A rapa máis nova da Mariña consolídase con esta segunda edición, que serviu tamén de plataforma para a promoción de produtos de razas autóctonas coa degustación de hamburguesas de carne de poldro de Pura Raza Galega na hostelería da vila na noite de venres, o marco do programa Un gusto de rural, un rural degusto.
Ademais de contribuír aos gastos derivados da propia xornada, a área de Rural, que financiou a instalación do curro para a primeira edición, impulsou este ano novas melloras como a compra dun peche móbil para reter os animais antes do inicio da rapa ou a instalación dun fito informativo a carón curro.