Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro celebra o Día da Patria cunha organización local fortalecida e coa incorporación de Seve Salgueiro como novo concelleiro

Viveiro, 25 de xullo, 2025. O BNG de Viveiro celebra este Día da Patria nun ambiente de entusiasmo, orgullo colectivo e confianza no futuro. Un encontro para reforzar os lazos da militancia e anunciar importantes novidades para o presente e o futuro do nacionalismo en Viveiro.

Desde o BNG de Viveiro, “reivindicamos este 25 de xullo como unha xornada para soñar con forza, para fortalecer o traballo colectivo e para seguir construíndo desde a localidade unha Galiza máis xusta, máis viva e máis libre, baixo o lema “Medrando desde Viveiro. Construíndo Galiza”.

Incorporación do novo concelleiro e renovación do Consello Local

A organización local da a coñecer que Seve Salgueiro se incorporará ao grupo municipal do BNG en canto o procedemento administrativo de substitución o permita, pasando así a formar parte do equipo que xa integran Iria Cotelo e Juan Ramón Martínez. Nesta nova etapa, o grupo municipal mantén a súa presenza institucional cun equipo cohesionado, con experiencia e cunha folla de ruta clara. Seve Salgueiro indica que “tomo a miña incorporación como concelleiro con ilusión e responsabilidade, coa experiencia de anos de militancia con traballo e compromiso”.

No mesmo acto presentouse tamén o novo Consello Local do BNG de Viveiro, formado por persoas con traxectorias diversas, pero cun obxectivo común: facer avanzar o proxecto nacionalista no ámbito local. A nova estrutura está encabezada por:

Iria Cotelo, como Responsable Local.

Seve Salgueiro, como Vicerresponsable Local.

Juan Ramón Martínez, como Secretario e Responsable de Finanzas.

Completa o equipo un grupo de persoas que colaboran activamente nas diferentes áreas:

Xosé L. Ramallal, en Formación,

Santi Chao, en Actividades e Eventos,

Alan Poirot, en Comunicación e Redes Sociais.

A nova responsable local fai fincapé en que “somos unha organización viva, alegre e unida, con presenza diversa e en crecemento. Unha mostra do bo momento que vive o BNG de Viveiro, cunha militancia implicada, en constante renovación, e que traballa desde xa co foco posto nas eleccións municipais de 2027”.

Exit mobile version