Nicole Grueira pon como exemplo, acompañada do portavoz do PP de Meira, Óscar Fernández, a rehabilitación integral do CEIP Poeta Avelino Díaz por preto de 900.000 euros
A través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, o Goberno galego inviste máis de 7,8M€ en 60 obras de mellora en máis de medio cento de centros de ensino da provincia de Lugo.
Nicole Grueira, xunto ao portavoz do PP de Meira, Óscar Fernández, pon como exemplo a rehabilitación integral do CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz no que a Xusta inviste preto de 900.000 euros. A Consellería está a executar grandes obras noutros 12 centros por valor de máis de 7,1M€, tres deles na comarca da Terra Chá: o CEIP Terra Chá (Vilalba), o CEIP Veleiro Docampo e o IES José Trapero Pardo (Castro de Rei).
Dentro do plan Ben_Estar na Escola 2025, a Xunta impulsa outras 47 actuacións durante este verán cun investimento de máis de 700.000 euros. Son un total de nove os centros de ensino das comarcas da Terra Chá e Meira nos que se están a levar a cabo actuacións: o CEIP Aquilino Iglesia Alvariño (Abadín), o CEIP Plurilingüe Lagostelle, o CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga e o IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), o CEIP O Salvador (A Pastoriza), o CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro (Pol), o CEIP Manuel Mato Vizoso, o CEIP Monseivane e a Escola de Educación Infantil (Vilalba) e o CEIP Plurilingüe de Xermade (Xermade).
A popular subliña que “grazas a estes traballos de mellora, os nenos e nenas contarán no vindeiro curso 2025/2026 con instalacións renovadas e adaptadas ás súas necesidades”.
GALICIA PIONEIRA
Grueira destaca tamén que “Galicia é pioneira na educación gratuíta dende o berce ata a universidade, garantindo así a igualdade de oportunidades e o acceso á formación para toda a xuventude por igual”.