As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector... Ler máis
“Estamos acompañando aos veciños da Pastoriza e á asociación de Fonmiñá que están reivindicado unha actuación inmediata e necesaria na N-640 ao seu paso polo quilómetro 60, unha situación qu... Ler máis
Desde o ano 2009 se teñen incorporado ás actividades agrogandeiras do rural galego máis de 5.000 mozos, subliñaron Friol, 28 de decembro de 2025. Os deputados do Grupo Popular Enrique Barrei... Ler máis
Nicole Grueira pon como exemplo, acompañada do portavoz do PP de Meira, Óscar Fernández, a rehabilitación integral do CEIP Poeta Avelino Díaz por preto de 900.000 euros Meira, 11 de agosto d... Ler máis
A portavoz popular de Xuventude, Nicole Grueira, asegura que “apoiar ao gandeiro é apoiar a quen nos dá de comer, a quen coida do territorio e mantén vivo o sector e a nosa identidade” e, co... Ler máis
Estarán dotadas con 30.5 millóns de euros e os interesados deberán presentar un plan empresarial, permanecer na actividade agraria cinco anos desde o pago do final da axuda e participar no p... Ler máis
Paula Prado refírese ao “paso de empresarios a activistas” coñecido nos últimos días no seo do independentismo galego: “Cambian de opinión segundo crea que lle vai tirar máis rédito electora... Ler máis
“O relevo é fundamental para garantir a continuidade das actividades agrícolas, gandeiras e forestais”, aseguraron Cospeito, 6 de abril de 2025. As deputadas do Grupo Popular Cristina Sanz e... Ler máis
“Á vista dos anuncios de investimentos en municipios da provincia de Pontevedra, reclamamos actuacións urxentes nesta vía de competencia estatal”, sinala a deputada autonómica, Nicole Grueir... Ler máis
“Estamos diante dun novo exemplo do abandono do Goberno central á provincia de Lugo en materia de infraestruturas, porque tamén hai que comprobar o lamentable estado da N-540 ao seu paso pol... Ler máis


















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



