Nicole Grueira e Enrique Barreiro visitaron o IES Muralla Romana, no que se investirán 1,6 millóns de euros na súa ampliación
Lugo, 31 de xaneiro de 2026. Os deputados do Grupo Popular Nicole Grueira e Enrique Barreiro salientaron hoxe a forte aposta da Xunta pola mellora dos centros de ensino da cidade de Lugo, que se pon de manifesto nos máis de 18 millóns de euros que está a investir na rehabilitación ou incorporación de melloras nos edificios.
Nunha visita ao IES Muralla Romana de Lugo, acompañados do concelleiro do Partido Popular Damián Carballo, os deputados populares coñeceron as obras de rehabilitación que a Consellería de Educación levará a cabo neste centro por un importe de 1,6 millóns de euros. O obxectivo desta actuación é incrementar a superficie do instituto en case 900 metros, de xeito que poida acoller nas mellores condicións ao incremento de alumnos que rexistrou nos últimos anos.
Nicole Grueira explicou que, ademais desta actuación e dentro do Plan de nova arquitectura pedagóxica, a Xunta está a levar adiante obras en diversos centros de ensino da cidade de Lugo, que suporán un investimento superior aos 18 millóns de euros.
En concreto, Enrique Barreiro lembrou que nos últimos anos se teñen feito obras tan relevantes como o novo edificio de cociñas do IES Sanxillao, cun investimento de 1,8 millóns de euros; a rehabilitación integral do IES Lucus Augusti, no que se gastaron 3,3 millóns de euros; a central de biomasa da maza educativa, que tivo un custo de 2,1 millóns de euros; o novo edificio de talleres de carpintería do centro integrado de FP Politécnico de Lugo, cun investimento de 1,2 millóns de euros; ou as rehabilitacións integrais dos IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (1,5 millóns de euros), o IES Ánxel Fole (1,4 millóns de euros), a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón (1 millón de euros) e o Colexio Paradai (1 millón de euros).




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



