Paula Prado refírese ao “paso de empresarios a activistas” coñecido nos últimos días no seo do independentismo galego: “Cambian de opinión segundo crea que lle vai tirar máis rédito electoral e deixando ao lado calquera coherencia ou interese cidadán”
Pol, 28 de maio de 2025. O Partido Popular de Galicia critica que o BNG se poña “a un ou outro lado segundo sopre o vento” no que se refire aos eólicos e cataloga de “hipócrita” e “cínico” o seu “falso ecoloxismo” logo de descubrir que “membros do BNG do ‘non’ aos eólicos hai uns anos eran os do ‘si’ aos eólicos”.
A secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, en declaracións aos medios esta mañá en Pol, referiuse ás “preocupantes” informacións publicadas esta semana sobre o “paso de empresarios a activistas” de diversas persoas vinculadas ao BNG e que, na súa opinión, confirman que “o independentismo galego pasa do apoio máximo ao bloqueo máximo segundo crea que lle vai tirar máis rédito electoral e deixando ao lado calquera coherencia ou interese cidadán”.
“Creo que, como mínimo, estas informacións requiren explicacións por parte de Ana Pontón e da dirección do BNG”, concluíu explicando que os dirixentes deste partido “xa estaban naquela época” e apelando ao “dano” que estes “falsos ecoloxismos” fan a Galicia como potencia en enerxías renovables.
O EXEMPLO DO QUE OCORRE ONDE NON GOBERNA O PP
A número dous dos populares galegos fixo estas declaracións durante a visita que realizou a Pol xunto á portavoz local do partido e presidenta de Novas Xeracións de Galicia, Nicole Grueira, para reivindicar que este concello “precisa máis rigor na xestión e moito máis sentidiño no destino de fondos públicos”.
Neste sentido apuntou que Pol é “un grande exemplo do que ocorre onde non goberna o Partido Popular” e que o seu alcalde “está impregnado do peor da marca PSOE”, xa que “deixa de lado os problemas máis urxentes do concello para centrarse só nos seus”.
“Estamos no concello coa débeda per cápita máis alta de toda a provincia de Lugo (en total, máis de 3,5 millóns de euros) e unha das máis altas de Galicia”, denunciou ao tempo que afeaba ao rexedor socialista estar “máis centrado no fútbol que nos récords negativos da súa xestión”.
En contraposición a todo isto, a secretaria xeral do PPdeG apuntou a Nicole Grueira como alternativa e amosouse convencida de que, se a líder local do partido fose alcaldesa, “traballaría para todos os seus veciños e veciñas sen sectarismos e sen deixarse influír pola cor política”.
Nicole Grueira, pola súa banda, quixo agradecer a presenza de Paula Prado no seu concello para coñecer de primeira man os problemas que sofren os veciños ante a “pasividade” dun alcalde “centrado só nos seus problemas”.
“Só se ocupa dos seus caprichos e esquécese do que realmente importa”, afirmou a voceira popular trasladando demandas veciñais como son a necesidade de arranxar as pistas ou dotar duns servizos “en condicións” ao alumnado do centro de educación infantil e primaria da localidade.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



