Estarán dotadas con 30.5 millóns de euros e os interesados deberán presentar un plan empresarial, permanecer na actividade agraria cinco anos desde o pago do final da axuda e participar no programa de titorización da Consellería do Medio Rural
Lugo, 14 de xuño de 2025. Os deputados do Grupo Popular Nicole Grueira e Enrique Barreiro avanzaron hoxe que a partir de mediados deste mes de xuño poderanse solicitar as axudas para a incorporación de agricultores mozos entre 18 e 40 anos ou a modernización ou mellora de explotacións agrarias. “Son un claro incentivo e mostra da aposta da Xunta pola incorporación de mozos ao rural, un rural vivo e que día tras día conta con máis xente nova á fronte das explotacións”, manifestaron.
Nunha visita ás obras que se están a facer na granxa Adriago, S.L. no concello lucense de Friol, que se levan adiante gracias a estas axudas da Xunta para facilitar a implantación de mozos ao sector agrogandeiro galego, os deputados populares lembraron que o pasado ano a Xunta distribuíu case 46 millóns de euros entre 832 proxectos, dos que 370 eran plans de mellora para grandes e pequenas explotacións, 320 solicitudes de incorporación de mozos e 133 expedientes de novos agricultores de entre 41 e 55 anos.
DÚAS LIÑAS DE AXUDA
De cara ao presente ano 2025, Nicole Grueira e Enrique Barreiro avanzaron que a Xunta repartirá 30,5 millóns de euros para apoiar ás persoas agricultoras mozas. En concreto, explicaron que haberá dúas liñas de axuda: unha primeira, dotada con 16 millóns de euros, destinada ao establecemento de agricultores mozos; e a segunda, con 14,5 millóns de euros, para a realización de investimentos en modernización ou mellora de explotacións agrarias.
A estas dúas liñas, sumaranse 5,5 millóns de euros cos que a Xunta financiará os plans de mellora non aprobados aos mozos que resultaron beneficiarios da convocatoria de 2024, co obxectivo de facilitar o inicio da súa actividade produtiva e favorecer que poidan completar o seu investimento na explotación.
Entre os requisitos para acceder ás axudas para a incorporación de mozos á actividade agrogandeira, os interesados deberán presentar un plan empresarial, permanecer na actividade agraria cinco anos desde o pago do final da axuda e participar no programa de titorización que presta a Consellería do Medio Rural a persoas agricultoras mozas.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



