A actuación permite mellorar as condicións dunha das instalacións deportivas máis utilizadas do concello
Navia, 20 de agosto de 2026. O Concello de Navia recepcionou este xoves as obras de renovación da cuberta do Polideportivo Municipal, unha intervención que supuxo un investimento de 195.000 euros e que dá resposta a unha das principais demandas dos clubes e usuarios destas instalacións.
A intervención permite solucionar os problemas existentes na anterior cuberta, cuxos defectos provocaban goteiras que condicionaban o desenvolvemento de adestramentos e competicións e supuñan un problema para a seguridade dos deportistas.
A alcaldesa de Navia, Ana Isabel Fernández García, amosou a súa satisfacción pola finalización dunha actuación que, segundo explicou, levaba anos sendo demandada polos usuarios do polideportivo.
Fernández destacou ademais o compromiso da empresa contratista, Demain Obras y Servicios S.L., de Vigo, que permitiu executar os traballos nun período de inactividade dos clubes deportivos e, deste xeito, evitar afeccións tanto aos adestramentos como ás competicións.
“Era una de las obras más demandadas por los clubes deportivos usuarios de esta instalación”, sinalou a alcaldesa, quen destacou que os traballos se desenvolveron “en tiempo récord” e con “perjuicio cero” para a actividade deportiva.
Novas actuacións nas instalacións deportivas
Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Juan Vicente Fernández Suárez, lembrou que, con anterioridade á renovación da cuberta, o Concello levou a cabo tamén a substitución das portas de emerxencia do Polideportivo Municipal.
A estas melloras sumaranse agora novas actuacións na piscina municipal, aproveitando os 15 días correspondentes á súa parada anual para as labores de limpeza dos vasos.
Durante este período está previsto acometer tres intervencións: a substitución das portas de emerxencia, a actuación sobre aproximadamente 12 pontóns dos tres vasos e a renovación das pegadas de volteo do vaso grande.
Con estas actuacións, o Concello de Navia continúa avanzando na mellora, mantemento e seguridade das súas instalacións deportivas municipais, dando resposta ás necesidades de clubes, deportistas e usuarios.





















A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



