“Á vista dos anuncios de investimentos en municipios da provincia de Pontevedra, reclamamos actuacións urxentes nesta vía de competencia estatal”, sinala a deputada autonómica, Nicole Grueira
Lugo, 14 de febreiro de 2025. O Partido Popular urxe ao Goberno central a inmediata mellora da estrada nacional N-640 entre os concellos da Pastoriza –no lugar de Paraxes, onde se atopa o tramo en peor estado- e Meira para “garantir a seguridade e reducir o risco de accidentes”. “Á vista dos anuncios de investimentos en municipios da provincia de Pontevedra, reclamamos actuacións urxentes nesta vía de competencia estatal, tal e como foi aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia”, sinala a deputada autonómica, Nicole Grueira.
Os populares botan en falta que o delegado do Goberno anuncie cando comezarán as obras na N-640 ao seu paso entre os termos municipais de Meira e A Pastoriza, así como o arranxo de todos os tramos deteriorados.
“A estrada N-640, que é a principal arteria de comunicación para os municipios da comarca de Meira, coa capital da provincia, coa Mariña oriental e Asturias atópase nun estado lamentable, co pavimento deteriorado e sen alumeado, o que imposibilita unha circulación segura e normal, que ademais pon en risco tanto a seguridade viaria como indirectamente tamén o desenvolvemento económico da zona”, lembra a deputada popular.























No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



