Tamén mantivo un encontro con representantes da confraría para abordar a situación do sector e analizar as demandas dos profesionais do mar desta localidade
Nesta liña, Marta Villaverde resaltou estes avances dado que esta actuación resulta imprescindible para que se poda contemplar unha futura remodelación e ampliación do peirao deportivo Porto Chico. A titular de Mar reiterou o compromiso da Xunta en seguir impulsando o turismo náutico na zona como elemento dinamizador das economías das comunidades costeiras. Así, o pasado ano A Mariña consolidouse como destino náutico recibindo máis de 1.000 barcos en tránsito nos seus portos cun volume de negocio que superou os 800.000 euros.
A responsable autonómica tamén mantivo un encontro con representantes da confraría de Foz para abordar a situación do sector e analizar as demandas dos profesionais do mar desta localidade. A conselleira do Mar trasladou o compromiso do Goberno galego coa actividade pesqueira mediante o impulso de actuacións e liñas de axuda para o desenvolvemento de proxectos que permitan reforzar esta actividade extractiva estratéxica para a comunidade.