- A FCAM participou no obradoiro sobre innovación en comercio e turismo celebrado este xoves en Viveiro na Sala Multiusos do Concello
A iniciativa, enmarcada no programa Conecta Lugo, foi organizada pola CEL e financiada polo IGAPE, e ten como obxectivo o apoio con financiamento ao emprendemento e innovación na provincia de Lugo. Por parte da FCAM interviñeron Isabel Méndez, secretaria da federación mariñá e xerente da asociación CCH de Viveiro; e Beatriz Irigoyen, asesora de A Mariña Federación.
- Coche envorcado cunha persoa atrapada no interior en Vilalba
O 112 Galicia recibiu ás 14:30 horas unha alerta por un accidente no lugar da Madanela, en Vilalba. Tratábase dun coche que se saíu da vía e envorcou sobre o lateral da porta da condutora, por iso, non podía saír. Ademais, o coche corría o risco de caer, polo que os Bombeiros de Vilalba tiveron que asegurar o vehículo e extraer a ferida polo maleteiro. Unha vez fóra, foi atendida polo equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sen embargo, rexeitou ser trasladada porque tiña unha persoa ao seu coidado.
- 30 Aniversario da Peña Madridista Vallibria de Mondoñedo
O acto celebrarase o 30 de maio ás 21,30 horas na Leira San Antonio de Mondoñedo co seguinte programa: A Directiva da Peña recibirá ao Representante do Real Madrid, Tomás Roncero (redactor xefe no Diario AS), socios e seguidores cantarán o himno do club. A cea será ás 22 horas. A animación musical será a cargo do Dúo Zafiro”. Neste acto poden participar os soci@s da Peña e seareirxs brancxs e terán que ingresar 35€ en ABANCA de Mondoñedo ata o 26 de maio.
- O coro asturiano animAVoices presentará este sábado, 24 de maio, ás 12:00 h no Casino de Navia, o seu novo videoclip: unha emotiva versión coral da Miña mozuca, de Melendi
Esta nova produción audiovisual foi rodada recentemente en Porto de Vega e os seus arredores, e supón unha nova aposta artística de alto nivel tras o éxito do seu anterior vídeo, Lucha de gigantes, que chegou a millóns de persoas en distintos países.
- A guía Cristina Díaz Leguina acompaña desde Mondoñedo a un grupo de oito peregrinas provintes de Estados Unidos e Canadá.
Catro delas coñecéronse hai dous anos no Camiño Portugués e decidiron volver contactar con ela para organizar esta nova experiencia, buscando algo diferente e menos concorrido que o popular Camiño Francés, neste caso no Camiño Norte.
- O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na inauguración da XV edición do Encontro de Palilleiras de Burela que se celebrou este sábado
Estivo organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras "As Encaixeiras" e contou co apoio do Goberno galego. O porto de Burela foi o escenario no que as palilleiras convocadas amosaron o seu traballo ás persoas que se achegaron. O programa incluiu tamén degustación de empanada de pescada e visitas ao Monte Castelo e á igrexa da Vila do Medio, así como actividades infantís de pintacaras e globoflexia, entre outras.
- Presentacion do libro “Ángeles Alvariño. Mi estela en los oceános” de Germán Castro Tomé
Terá lugar o venres 23 de maio ás 20,00 horas na sala de exposicións de Regalxunqueira – Viveiro. Ademais do autor participarán a Presidenta do Club de prensa de Ferrol, Julia Diaz Sixto e María José Leira Ambrós, bióloga e sobriña da científica. Serviranse uns petiscos.