O modelo de turismo sostible impulsado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense foi recoñecido nesta sexta edición dos premios outorgados pola Deputación de Lugo, na categoría de Turismo Sostible, co seu proxecto denominado Camiño cara a sostibilidade turística na Mariña Lucense. Proxectos que definen unha traxectoria, recoñecendo así a este proxecto como un exemplo para o impulso dun modelo turístico respectuoso co territorio.
No decurso do acto presidenta da Mancomunidade, Rocío López, agradeceu o recoñecemendo que supón este galardón “ao esforzo realizado” desde o organismo que dirixe a prol dun modelo turístico respectuoso co territorio. Ademais, estendeu dito agradecemento ás administracións públicas, Xunta e Secretaría de Estado de Turismo, polo apoio prestado para avanzar nestas iniciativas e, especialmente, ao sector público e privado da Mariña Lucense xa que “sen a súa implicación non sería posible facer nada”.
Turismo sostible, o reto da Mariña Lucense
A candidatura presentada pola Mariña Lucense integra aqueles proxectos desenvolvidos na Mancomunidade co obxectivo de fomentar un modelo turístico máis sostible e integrador co territorio, atento á calidade e respectuoso coa súa contorna e coa súa poboación.
Así, a memoria fai referencia ás redes de colaboración tecidas ao abeiro do turismo slow Norte de Galicia, do SICTED e do Colectivo de Gastronomía da Mariña; aos produtos turísticos xerados ao redor da ornitoloxía e da xeoloxía; ás audioguía sficcionadas, aos Plans con corazón e os Obradoiros con corazón; e á comunicación xerada, desde o concepto de sostibilidade, con proxectos como AMODO e A Mariña Latexa Contigo.