Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela retoma as actividades do Recuncho Multicultural para fortalecer a convivencia

Os colectivos da vila propuxeron novas iniciativas durante a xuntanza celebrada o pasado luns

Burela, 2 de outubro de 2025. Burela acolleu o pasado luns unha nova xuntanza entre representantes dos diferentes colectivos e comunidades da vila co obxectivo de retomar e programar actividades no Recuncho Multicultural, un espazo promovido polo Concello para fomentar a integración e a diversidade cultural.

Durante o encontro, os participantes presentaron diversas propostas e ideas para futuras actividades orientadas a fortalecer os lazos entre as diferentes comunidades e promover a participación cidadá. Ademais, acordáronse novas citas para seguir traballando na planificación de proxectos e iniciativas que impulsen a convivencia.

Segundo Mario Pillado, tenente da alcaldesa, “dende o concello estamos encantados coas propostas e aportacións que nos chegan dos colectivos”, quen asegurou que “cada encontro xera novas ideas que profundizan e fortalecen os proxectos que levamos a cabo. A súa colaboración é fundamental para seguir mellorando a nosa vila”, concluíu.

Exit mobile version