XOVE .- O delegado da Área de Cultura da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, presentou este xoves a XIX edición do Curso de Música de Semana Santa, un evento patrocinado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e o Concello de Xove, no que tamén colaboran os concellos de Mondoñedo e Burela. Contribuír na formación orquestral dos máis novos e achegalos ao ámbito profesional son dous dos obxectivos deste curso intensivo de música que terá lugar do 6 ao 11 de abril na Escola de Música de Xove.
No transcurso da rolda de prensa, Antonio Veiga destacou a necesidade de potenciar e promover, nas distintas comarcas lucenses, actividades musicais na liña do Curso de Música de Semana Santa de Xove “para achegar aos máis novos a un estilo musical diferente, ou simplemente descoñecido, e fomentar unha maior e mellor formación orquestral dende a base”. Por iso, o delegado da Área de Cultura loou o labor realizado pola organización do evento ao pór en contacto o seu alumnado coas escolas de música e os conservatorios existentes en Galiza. Ademais, salientou que estes alumnos e alumnas contarán cun profesorado de primeira liña coma son a profesora e o membro da Real Filharmónica de Galicia, Elina Viksne e Thomas Phiel, especialistas en violín e violonchelo, respectivamente.Así mesmo, lembrou tamén que formarán parte do equipo docente os dous profesores da Escuela de Altos Estudios Musicales de Galicia, Humberto Armas e Nikolay Stoyanow Velikov, expertos en viola e violín, respectivamente.
Ao remate da súa intervención, o delegado da Área de Cultura da Deputación de Lugo recalcou a existencia dun compromiso adquirido pola área que el dirixe en prol dun maior e mellor desenvolvemento da actividade musical en de todas as comarcas. Nesta liña, Antonio Veiga subliñou a necesidade de seguir traballando para “asentar e manter este tipo de iniciativas”, en moitos casos “pioneiras”, asegurou. Logo disto, o nacionalista instou ao resto das administracións a colaborar activamente neste tipo de proxectos, un labor no que traballa día a día a Vicepresidencia Primeira da Deputación.
Na rolda de prensa tamén estiveron presentes o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, os concelleiros de cultura dos concellos de Mondoñedo e Burela, Xurxo Fernández Hora e Nieves Cando, e o director das Escolas de Música de Burela, Mondoñedo e Xove, Xan Carballal, que agradeceron a implicación e a colaboración da Área de Cultura da Deputación neste proxecto. Nesta liña, Carballal recalcou que participar nun curso desta categoría suporíalles aos pais e ás nais destes rapaces o pagamento dunha matricula cun custo moi elevado. Ademais, na maioría dos casos o alumnado tería que trasladarse á capital galega ou á española para poder cursar estes estudos. Por iso, o responsable das Escolas de Música dos tres concellos implicados asegurou que este proxecto está cargado de “ilusións” e de “gañas de traballar”, ao tempo que salientaba que esta é unha “experiencia moi enriquecedora” tanto para o alumnado coma para o persoal docente.
Un profesorado de primera categoría
Nesta última edición, o programa do curso xirará arredor da figura e obra do compositor F. Mendelssohn con motivo do bicentenario do seu nacemento. Os alumnos deste taller traballarán coa obertura “As hébridas” ao longo da primeira xornada, agrupados en seccións (grupos de instrumentos) e, ao final do día, realizarán xa de xeito grupal, un ensaio xeral da peza musical do intérprete alemán. Os filharmónicos J. Haydn e G. Fauré completan a oferta docente deste curso. As súas composicións, “Sinfonía nº. 100 Militar” e “Masquets et Bergamasques”, serán o eixo vertebrador das tres próximas sesións. A maiores, o programa conta tamén con varias clases maxistrais e de grupos de cámara para os dous últimos días do curso e un concerto de música sacra o día 6 de abril ás 20:00 horas.
O inscrición neste ciclo é totalmente gratuíta e continuará aberta ata a data de inicio das clases. Aínda que a organización do Curso de Música de Semana Santa non pode facilitar neste momento unha cifra oficial do número de inscritos, si calcula que participarán neste taller arredor duns 50 ou 60 rapaces e rapazas pertencentes aos distintos concellos da Mariña lucense. Boa parte deste alumnado superará os 14 anos pero, para os alumnos e alumnos de menor idade, o profesorado adaptará o programa existente en función das súas capacidades e da súa evolución ao longo das xornadas.










No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



