O Concello de Burela infroma que non é potable a auga das fontes de Vila do Medio e de Santoalla. O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “as analíticas realizadas estes días confirman que a auga non é potable nestas dúas fontes, imaxinamos que como consecuencia do temporal de chuvia que nos afectou en xuño e que segue arrastrando residuos por esas concas”. O Concello realizará novas analíticas en breve para confirmar o estado da auga. O resto das fontes de Burela, segundo o rexedor, “non presentan problemas”.
O Concello de Burela sinaliza e avisa de que non é potable a auga da fonte de Vila do Medio e a de Santoalla
Relacionado
-
15 aniversario da ACR Fervenza de Sargadelos
-
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, asistiu este luns na Casa da Cultura de Vegadeo á quinta edición de Encuentros en el Eo, un cumio organizado por La Voz de Galicia, La Voz de Asturias e Banco Sabadell
-
O Concello de Xove organizou este luns a segunda actuación dentro do Programa ‘Ler conta moito’