38 alumnos de 2º e 3º da ESO do Vilar Ponte acompañados por tres profesores, viaxaron a Oporto durante dous días para participar nun programa de actividades dentro do Proxecto Terra. O primeiro día acudiron á Fundación Serralves e tiveron a oportunidade de vela cidade de Oporto acompañados de guías que lles explicaron aspectos da historia e da arquitectura das principais edificacións; logo pernoctaron nun albergue na localidade de Espinho. Ao día seguinte visitaron a Casa da Música (foto de grupo), onde poideron participar en actividades interactivas relacionadas coa música.






















O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



