O Concello de Lourenzá celebrou o Día do Libro cos alumnos do CEIP Juan Rey, que asistiron este martes a un espectáculo para fomentar a lectura. A concelleira Lupe Flórez Seivane explicou que “esta actividade que vimos de programar dende a Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal Juana de Ibarbourou, está pensada co gallo da conmemoración do Día do Libro, e está enfocada ó fomento do hábito lector dende as primeiras idades. Trátase dun espectáculo denominado A maleta da avoa, no que Raquel Queizás rescata simbolicamente unha morea de pequenos tesouros que se agochan nunha maleta: a memoria entre os libros, bonecas de millo, chapeus, adiviñas, …”. Esta iniciativa forma parte do programa de fomento da lectura da Xunta de Galicia denominado Ler conta moito.









Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



