O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica afondou con representantes da Organización de Produtores Pesqueiros de Burela e do bufete J&A Garrigues en cuestións técnicas para dar solidez aos argumentos da comunidade
Burela, 20 de febreiro de 2023. O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, mantivo hoxe un encontro de traballo con representantes da Organización de Produtores Pesqueiros de Burela (OPP-7) e do bufete de avogados J&A Garrigues co obxectivo de afondar na estratexia de defensa dos intereses da frota galega ante o veto á pesca de fondo decretado por Bruxelas en 87 áreas de augas comunitarias. Nesa xuntanza abordaron distintas cuestións vitais para dar solidez ao recurso presentado pola entidade lucense ante a Xustiza europea e no que a Xunta se vai presentar como parte coadxuvante.
O Executivo galego avanza así na liña de traballo marcada desde o primeiro momento polos xuristas especializados aos que solicitou asesoramento e que incidían en que a mellor fórmula dunha rexión para defender os intereses do seu sector ante o regulamento de execución aprobado pola Comisión Europea era acompañalo como parte coadxuvante. A opción de iniciar unha acción directa, aclaraban, tería poucas posibilidades de prosperar.
Ante esta situación, a Consellería do Mar recorreu ao bufete J&A Garrigues, con xuristas especializados en dereito comunitario e coñecedores da materia, para apuntalar a estratexia galega e obter os mellores resultados posibles ante unha medida que pretende protexer zonas que contan con ecosistemas vulnerables ou nas que é posible que existan.
De feito, unha vez que o recurso da Organización de Produtores Pesqueiros de Burela saíu publicado no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) -o pasado 6 de febreiro- a comunidade ten un prazo de seis semanas -ata o 20 de marzo- para exercer a súa potestade de actuar como parte coadxuvante. Precisamente, esta reunión enmárcase no traballo previo e de preparación da intervención da Xunta no procedemento iniciado polos armadores da OPP-7 para tratar de anular o veto á pesca de fondo.
Deste xeito, o Executivo galego reforza o seu apoio ao sector na loita contra esta decisión pois no seu momento xa lle aportou tanto os argumentos recompilados por distintos xuristas especializados consultados como as estimacións do impacto que este veto podía ter na frota. Esas mesmas teses e información foron trasladadas tamén ao Goberno central para reforzar o seu recurso contra o veto decretado por Bruxelas.
Finalidade
O obxectivo da frota de Burela e da Consellería do Mar é acadar tanto a suspensión temporal da aplicación desta prohibición como a súa anulación definitiva tendo en conta que se trata dunha medida adoptada de xeito totalmente arbitrario, sen contar cos correspondentes informes biolóxicos e socioeconómicos que a avalen.
Neste sentido, boa mostra de que o veto se aprobou malia carecer das correspondentes avaliacións técnicas é o paradoxo de que unha das artes máis selectivas que existen, o palangre de fondo, sexa a máis afectada polas limitacións neses 87 espazos de augas comunitarias.
A prohibición da pesca de fondo afecta a arredor de 200 buques galegos de xeito directo ben porque non poden traballar nas zonas vedadas ben polo solapamento de áreas de pesca, é dicir, pola concentración no mesmo espazo das embarcacións que viñan faenando tradicionalmente alí e das expulsadas polas novas restricións.










No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



