Será ás 20:00 en 1ª convocatoria e ás 20:30 en segunda. A orde do día é o seguinte: Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. Informe detallado do estado de contas. Balance de actividades e proxectos. Rogos e preguntas.
Será ás 20:00 en 1ª convocatoria e ás 20:30 en segunda. A orde do día é o seguinte: Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. Informe detallado do estado de contas. Balance de actividades e proxectos. Rogos e preguntas.
Quedan pechados tamén todos os parques públicos e suspendidas as actividades previstas no exterior. Desde o Concello pídese "precaución á veciñanza durante as vindeiras horas, evitando achegarse aos cantís e paseos marítimos". Á vez que recomendan retirar "as macetas ou outros obxectos ornamentais dos balcóns e ventás".
Trátase dunha obra para todos os públicos dirixida por Jose Campanari. Será ás 20:30 horas. Entrada de balde ata completar o aforo, non é necesario facer reserva.
Desde o Concello subliñaron: “condenamos con firmeza este acto de brutalidade e reivindicamos a loita contra esta lacra social”. Na convocatoria realizada polo Concello ribadense participaron o alcalde, concelleiras e concelleiros da Corporación Municipal, funcionari@s municipais, veciñanza de Ribadeo, así como representantes de Acisa.
Ocorreu no monte de Barcela, en Lamas de Moreira. O 112 Galicia tivo constancia do suceso a través das urxencias sanitarias, uns vinte minutos antes das 19:00 horas desta tarde. Segundo a persoa que alertou, a un operario caéralle un piñeiro enriba das pernas, aínda que non se atopaba atrapado. Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron do suceso á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Fonsagrada. Aínda que o persoal sanitario mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, o ferido sería atendido e trasladado en ambulancia ata o hospital de referencia.
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, ofreceu a total colaboración do Goberno para que as festas das San Lucas de Mondoñedo se celebren un ano máis coas máximas garantías de seguridade, nesta ocasión co compromiso de incrementar os efectivos policiais para a vixilancia e control do evento. Nesta liña, Rodríguez explicou que as Forzas e Corpos de seguridade do Estado colaboran estreitamente coa asociación As San Lucas, organizadores desta cita declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, así como co Concello, para que a programación de actividades previstas se desenvolva con normalidade e As San Lucas continúen sendo un reclamo turístico consolidado na provincia.
Foi unha xornada marcada pola auga pero chea de bos resultados para as diferentes tripulacións de Celeiro. Acadaron o 2° posto nas categorias Alevin e Infantil e as dúas tripulacións de veteranos subiron ao podio en 1° e 3° lugar.
Félix Jorquera charlou con Amanda Gasalla, a pregoeira da Festa da Faba 2024; con Manuel Arango, concelleiro de Cultura; con José Cuadrado, presidente do Conselleo Regulador IXP Faba de Lourenzá; con Francisco Rivas, presidente de Vespa&Faba e Clásicos Lourenzá; e coa alcaldesa laurentina, Rocío López, que convidou a achegarse esta fin de semana a Lourenzá a gozar desta tradicional cita.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital