Site icon Crónica3.com A Mariña

A Festa da Faba foi a protagonista de Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitiu este venres desde Lourenzá

Lourenzá, 3 de outubro de 2025. A Festa da Faba de Lourenzá foi a protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitiu hoxe en directo desde a Praza do Conde Santo para toda a provincia.

Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con Fran Rivas, da organización da VespaFaba & Clásicos Lourenzá; co fabeiro Ricardo Yáñez; e con Rafael Cabaleiro, da confitería Neli, que elabora tortas e empanadas de fabas.

A Festa da Faba arrinca xa hoxe con varias actividades, que terán lugar a partires das 19:30 horas. Por diante toda unha fin de semana de mercado de fabas, pregón a cargo de Pepe Peinó, degustacións, obradoiros de cociña, música e moitas outras propostas.

Exit mobile version