Burela, 17 de abril de 2019. Burela acollerá o XII Encontro de Palilleiras, que se celebrará o 25 de maio. Unha das novidades deste ano será unha exposición de abanicos desde o século XVIII ata a actualidade de Elena Díaz que, segundo a organización, nunca fixo ningunha mostra en Galicia. A presentación do evento, celebrada este mediodía, contou coa presenza do alcalde, Alfredo Llano, e a presidenta da asociación As Encaixeiras, Paqui Romo, ademais de representantes da confraría de pescadores, da Fundación Expomar, da xefatura territorial do Mar, así coma os concelleiros de Turismo, de Servizos Sociais e do Mar, entre outros.
O alcalde, Alfredo Llano, salientou que “o mes de maio vai ser especialmente activo no concello de Burela, vai haber moitas celebracións deportivas, Expomar, o encontro de palilleiras, vai haber moitas actividades. Destaco a Feira Náutico Pesqueira Expomar, que vai ser do 9 ao 12, que vai traer moita xente a Burela. É un evento practicamente dirixido ao sector náutico pesqueiro, pero tamén está aberto a que poida participar calquera persoa que estea interesada no encontro empresarial e nas xornadas técnicas”.
O rexedor engadiu que “no mesmo recinto que se vai celebrar Expomar tamén imos ter o XII Encontro de Palilleiras que será o 25 de maio. O Concello está colaborando porque interesa que estas actividades atraian a moita xente porque sempre se favorece que se coñeza o noso pobo, pero tamén traen consigo algún beneficio económico e social, polo tanto imos estar apoiando ás Encaixeiras”.
Alfredo Llano dixo que “vai haber unha exposición, que a min me parece moi interesante porque é arte, cuns abanicos que son dos séculos XVIII e XIX ata a actualidade, e mostrará como se facían os encaixes e como se aplicaban aos abanicos. É unha novidade este ano e imos aproveitala para atraer á xente a que veña a este encontro de palilleiras. Vai ser un mes de maio moi importante para o noso concello, e este encontro vai ser un complemento extraordinario para favorecer as visitas ao noso concello, que é o que queremos e que se vaian todos moi contentos”.
Pola súa banda, a presidenta da asociación As Encaixeiras, Paqui Romo, explicou que “a cita vai ser o día 25 de maio, en horario de dez da mañá ata as sete da tarde, parando ao mediodía de dúas a catro e media. O atractivo deste ano é que imos ter unha exposición de abanicos dos séculos XVIII e XIX ata a actualidade, a cargo de Elena Díaz, e que estará durante todo o día. Imos ter a degustación de empanada de merluza, as visitas guiadas para coñecer o pobo e a xente palillando. Tamén imos ter unha exposición de traballos feitos por nosoutras”.
Sobre a participación no XII Encontro de Palilleiras indicou que “polo momento é demasiado cedo para dicir cantas estaremos porque todos os anos pasa igual, a xente apúntase a última hora e quince días antes é cando o sabemos. O ano pasado fomos 750 e este imaxino que será parecido”.











No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



