Santiago, 25 de setembro de 2014.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou este xoves a aprobación do proxecto do Plan de Conservación do Monumento Natural da Praia das Catedrais, no Concello de Ribadeo, co obxectivo de contar cunha folla de ruta que permita xestionala con acerto ambiental e turístico. “Presentamos unha serie de actuacións para preservar este monumento natural fronte aos riscos que comprometen o seu futuro, co obxectivo de compatibilizar a conservación e os valores ambientais co aproveitamento sustentable como recurso turístico”, afirmou.
Nesta liña, explicou, que o texto aprobado hoxe polo Consello da Xunta é “unha proposta de regulación de todo o que temos que facer desde o punto de vista ambiental, desde o punto de vista das infraestruturas; e tamén para regular o acceso ao público, en períodos de máxima afluencia e de acordo cun cupo que valoramos entre 2.000 e 5.000 persoas, como máximo de visitantes diarios a ese areal”.
Así que, se ben durante o verán a Xunta levou a cabo unha serie de actuacións inmediatas como o reforzo da vixilancia, a mellora da sinalización e a delimitación de sendas peonís, Feijóo precisou que agora se presenta un conxunto de actuacións a medio prazo para “preservar este monumento natural fronte aos riscos que comprometen o seu futuro”. Abundou que se mantén unha “folla de ruta para garantir a biodiversidade, mediante a conservación dos hábitats naturais e das especies de fauna e flora silvestre; para promover un uso público ordenado e compatible coa conservación dos valores ambientais” que motivaron a declaración do monumento natural; e para potenciar “a implicación social na conservación do monumento natural así como a divulgación dos valores naturais, xeolóxicos, culturais e paisaxísticos dese espazo da Mariña lucense”.
De acordo con estes obxectivos, o documento preliminar do Plan de Conservación propón un programa de actuacións, entre as que destacan: a promoción de liñas de investigación para a mellora do coñecemento e inventario de hábitats naturais e das especies de flora e fauna silvestre; un protocolo de seguimento e erradicación das especies invasoras; un programa de conservación da matogueira costeira, que é clave para o futuro deste espazo e que se atopa en perigo de extinción; a mellora das infraestruturas e servizos existentes; e o regulamento do acceso público.
Deste xeito, e en función dos cálculos previos de capacidade de acollida do espazo, estímase que o límite máximo que se estableza no documento definitivo nunca debe superar as 5.000 persoas diarias, e ás veces, precisou Feijóo, “entendemos que o intervalo debe estar entre as 2.000 e as 5.000 persoas”.
“Imos tentar consensuar ese plan e inmediatamente activalo”, afirmou Feijóo porque, dixo, “queremos contar cunha folla de ruta que permita xestionar a Praia das Catedrais mantendo o valor ambiental e aproveitando ese recurso turístico. O obxectivo, como digo, aprobalo definitivamente no verán de 2015”, concluíu.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



