Ribadeo, 5 de setembro de 2018. A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense actuará o vindeiro sábado, 8 de setembro, no Cantón dos Moreno. Será ás 11 da mañá. A formación acompañará tamén ás autoridades desde o Concello ata a igrexa parroquial, onde se celebrará a misa da Patroa, que será cantada pola Coral Polifónica de Ribadeo. Ao remate da misa e antes da saída da procesión a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense interpretará unha peza na honra de Santa María do Campo. A continuación será a procesión acompañada pola Banda Municipal de Música de Ribadeo, que ofrecerá tamén un concerto diante do Concello.
Para o presidente da comisión de festas de Ribadeo, Juan José Otero, “é unha honra poder contar coa Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense en Ribadeo. Queremos agradecer o apoio da Xunta de Galicia para que isto fose posible, así como a colaboración que nos prestan para que estas festas sexan unha realidade. Tamén agradecemos a participación de Acisa Ribadeo na xornada de xogos para os máis pequenos e pequenas que teremos mañá no Cantón. No caso de que o tempo non acompañe esta actividade trasladarase ao pavillón do colexio Gregorio Sanz. E no capítulo de agradecementos tamén está o Concello de Ribadeo, tanto pola achega económica que lle aporta a esta comisión como polos medios materiais e humanos que pon á nosa disposición para un bo desenvolvemento destes festexos”.
Otero tamén quere agradecer “as achegas do empresariado ribadense e dos veciños e das veciñas de Ribadeo. Toda cantidade por pequena que sexa é moi importante para nós”. A comisión de festas de Ribadeo non se esquece “das persoas que colaboraron con nós para poder chegar aos domicilios de Ribadeo. Foron Cani, Neni, Mar, Begoña, Rocío e Íker. Moitas grazas polo seu traballo e polo seu apoio”.
A primeira verbena das festas patronais ribadenses terá lugar hoxe, mércores, a partir das 22:30 horas e estará amenizada pola orquestra Los Satélites.
O xoves, día 6, ás 16:00 horas haberá teatro en inglés para nenos: Storytime Under the sea by Kids&Us Ribadeo. Ás catro e media da tarde comezarán as actividades do Parque Diverneno, con inchables, festa da escuma e máis actividades. A verbena dese día comezará ás 22:30 horas e contará coa actuación da orquestra Marbella.
O venres 7, véspera do día da patroa, ás 11:30 horas saíran os cocos e cabezudos acompañados do grupo folclórico Amigos da Gaita. A partir das 22:30 horas haberá verbena coas orquestras Gran Parada e Ritmo Joven. E ás doce da noite terá lugar a tradicional sesión de fogos artificiais no peirao.
O sábado 8, día da patroa, ao marxe das actividades comentadas ás 22:30 horas empezará a verbena amenizada polas orquestras Gran Casino e Ibiza.
As festas patronais ribadenses seguirán o domingo 9 coa verbena que comezará as dez e media da noite e contará coas actuacións das orquestras La Favorita e Fénix. Xa o luns 10 será o día dos nenos, que gozarán de prezos especiais nas atraccións.











No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



