Foz, 27 de agosto de 2014.- Este xoves, día 28 de agosto, na Praza Conde de Fontao, ás 19:00 horas, a Federación de Libreiros de Galicia inaugura a Feira do Libro Novo de Foz.
Intervirán, tras a actuación da Agrupación Folklórica A Subela:
– José Jesús Ramos Ledo, Xefe Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Lugo
– Antonio Veiga Outeiro, Vicepresidente da Deputación de Lugo
– Javier Jorge Castiñeiras, Alcalde do Concello de Foz
O pregón inaugural correrá a cargo do escritor e xornalista Martín Fernández Vizoso, natural de Cangas de Foz.
O programa será o seguinte:
Día 28. Xoves
19.00 Inauguración da feira. Actuación da Agrupación Folklórica A Subela.
Intervencións institucionais.
Pregón inaugural a cargo do escritor e xornalista Martín Fernández Vizoso.
20.45 Presentación do libro Os televisores estrábicos, do escritor Ramón Vilar Landeira, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
Día 29. Venres
18.00 Concurso infantil de debuxo no recinto da feira do libro.
19.30 Kike J. Díaz asinará exemplares do seu cómic Nordés na caseta da Libraría Bahía.
20.00 Presentación do libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
21.00 Presentación do libro La playa de Las Catedrales y su entorno, de Carmen Cruzado e Beni Mántaras. Xunto cos autores do libro, participará no acto o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira.
Día 30. Sábado
18.00 Contacontos infantil.
19.00 Presentación do libro Como ser reintegracionista sen que a familia saiba, do escritor Eduardo Sánches Maragoto, publicado por Edicións do Cumio. Xunto co autor, participará no acto o representante da editorial, Cándido Meixide.
19.30 Begoña Caamaño asinará exemplares dos seus libros Morgana en Esmelle e Circe ou o pracer do azul, na caseta da Libraría Bahía.
20.00 Presentación do libro El Quijote de Madera de Francisco Javier Neira Pampín. Xunto co autor do libro, participan no acto o xornalista Xulio Xiz e o escritor Paco Rivas.
21.00 Presentación do libro O ciclo do pan e as súas construcción na Mariña de Lugo. Eiras, cabozos, muíños e fornos, de José María Leal Bóveda, editado polo Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo. Participarán no acto o autor e un representante da Deputación de Lugo.
Día 31. Domingo
18.00 Actividade infantil. Entrega de agasallos aos participantes no concurso de debuxo da Feira do Libro.
19.30 Actuación da Banda Municipal de Música de Foz.
Participantes
Biblioteca
Secretaría
Libraría Bahía. Foz
Gran Enciclopedia Galega.
Libraría Cartabón. Vigo.
Deputación Provincial de Lugo.