Otero Regal, Pablo Mosquera e Paco Rivas argallaron entre xullo e agosto a exposición “A Maruxaina e outras sereas” que será inaugurada o luns 5 de outubro no Cenima de Foz a partir das cinco da tarde. Textos, un libro e todo un seminario con descatadas personalidades da cultura vinculadas A Mariña disertan sobre a nosa mitoloxía particular nas actividades complementarias. O venres 16, pola mañá, desenvolverase na Escola de Hostalería o relatorio sobre “Relación entre saúde e elementos utilizados na fabricación de recipientes de cerámica” a cargo de Otero Regal. Os venres seguintes, 23 e 30 de outubro, proxectaranse –respectivamente- o audiovisual ”Auga, terra e lume” nunha xornada de visitas guiadas para escolares e a peza sobre “Sereas e faros” apoiada polos relatórios de Pablo Mosquera e Paco Rivas.
Actividades complementarias á exposición “A Maruxaina e outras sereas”
Actividades complementarias á exposición “A Maruxaina e outras sereas”
Relacionado
-
César Díaz Colmenares celebrou este venres o seu 103 aniversario en Carballido, Alfoz
-
A XI edición da Xuntanza de Coches Clásicos de Mondoñedo celebrarase o sábado, 21 de xuño
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Foz, de 59 anos de idade, como suposto autor dun delito de danos a instalacións municipais