Cervo, 15 de febreiro.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, informou de que xa foi enviado á Dirección Xeral de Patrimonio o novo prego que redactamos para a cesión en réxime de arrendamento dos locais habilitados no antigo edificio das Cabalerizas, en Sargadelos. Trátase dun documento cunhas condicións moito máis flexibles que permitirán a calquera persoa emprendedora e que contribúa a dinamizar o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos optar a un deste espazos.
Así, os locais poderán ser destinados a calquera actividade comercial relacionada co sector artesanal, que segue a ter prioridade; pero tamén cos produtos ecolóxicos, co sector turístico, coa hostelaría, co sector educativo, terapéutico ou con calquera outra actividade relativa ao sector terciario.
Villares recordou que ao anterior concurso só se presentou un artesán da rama alimentaria que xa ten adxudicado un dos locais; “pero sabemos que hai interese real por parte doutros sectores que agora poderán, se o desexan, formar parte do proceso”.
Tamén apuntou que, ademais dos 5 locais aínda sen adxudicar, tamén sacaremos a concurso un espazo exterior anexo ao Edificio das Cabalerizas, con cuberta, e de
100 m2, “que cremos que pode ser un complemento importante a todo este recinto”.
Así mesmo, o alcalde recordou que cada local terá un canon anual medio, cumprindo a normativa, que vai dende os 1400 aos 2200 euros, en función das cartacterísticas do mesmo. Pero recordou que nos propios pregos se recolle que dende o Concello imos establecer bonificacións de ata o 90%; “polo que os emprendedores que se instalen no Conxunto Histórico, e que cumpran cunhas condición que son moi accesibles, terían que facer fronte a unha taxa anual duns 200 euros de media, uns 20 euros ao mes, unha cantidade que consideramos que é simbólica porque a nosa intención é echer de vida o Conxunto Histórico Artístico”.
Entre os criterios avaliables están, por exemplo, os días da semana e as horas en que estará aberto ao público. Así, recibirán o máximo de 20 puntos aqueles que abran todos os días da semana, sen ter en conta os domingos e festivos; e 8 horas diarias. Tamén se valorará a programación anual de acción ou as actuacións socioculturais que contribúan a promocionar a contorna, como charlas, conferencias, exposicións…; aquel emprendedor que desenvolva máis de 3 programas ao ano recibirá a puntuación máxima de 20 puntos.
Segundo o tipo de actividade, como se dixo con anterioridade, seguirá a primar o sector artesanal ou a venda de produtos ecolóxicos que terán 10 puntos; e as relacionadas co sector turístico, da hostelaría, educativo ou terapéutico, recibián 8 puntos. Tamén se valorará o carácter innovador do proxecto que se presenta; entre outros aspectos.
Villares sinalou que os 5 locais aínda sen adxudicar teñen unha superficie útil que vai dende os 47 aos 70 m2 e que a obra contou con orzamento de 120.000 euros, procedentes da Xunta de Galicia e do propio Concello.










No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



