Durante esas xornadas nos locais hostaleiros da localidade haberá tapas afrodisíacas. Entre as propostas que se poderán atopar e saborear non faltarán produtos como o chocolate, a canela, o aguacate, as ostras, as framboesas negras, os dátiles, a vainilla ou as améndoas, entre outros. Coa 8ª Festa Afrodisíaca o Centro Comercial Aberto de Foz celebra San Valentín. Ademais do 10 ao 14 de febreiro tres pastelerías (Amarena, Anduriña e Xoyma) serviron doces afrodisíacos e o vindeiro día 20 terá lugar o sorteo de 5 ceas, para dúas persoas cada unha, entre aqueles clientes que fixeron as súas compras no comercio asociado do 7 ao 14 de febreiro. O sorteo terá lugar ás 13:00 horas e realizarase a través de Radio Foz.






















O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



