Lugo, 17 de abril de 2019. O Goberno da Deputación aprobou este mércores en Xunta de Goberno a selección dos traballadores do Tecendo Emprego. Así o avanzou a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, quen subliñou que “en total, ofertáronse 56 perfís profesionais, en 41 asociacións lucenses. 39 persoas xa foron seleccionadas e formalizarán o seu contrato na vindeira semana, polo que comezarán a traballar de maneira inmediata. Así mesmo, acordamos convocar de novo 17 postos que resultaron vacantes. Estes perfís manterán as mesmas condicións e bases. A maiores, ampliamos o número de titulacións para acceder a aqueles postos nos que se requiría un único título específico”.
Dos 56 perfís profesionais que se ofertaron a través do plan laboral, Tecendo Emprego, un total de 17 postos de traballo quedaron vacantes, polo que, tras a aprobación na Xunta de Goberno extraordinaria, deste mércores, volverán a convocarse. A partir do 22 de abril e ata o 6 de maio (10 días hábiles), as persoas interesadas en inscribirse nalgún destes postos de traballo, poderán facelo a través da Axencia de Colocación da Deputación. Os interesados deberán rexistrarse neste portal como demandante de emprego, incluír a documentación necesaria como o currículo e inscribirse no perfil profesional do Tecendo Emprego que máis lle interese.
Os postos vacantes son os seguintes:
– Na liña novel (menores de 35 anos sen experiencia laboral) son 12 empregos: asesor/a técnico para explotacións leiteiras na Asociación Sectorial Láctea e Agrícola Galega (Chantada); asesor/a explotacións gandeiras na Asociación Profesional Gandeiros de Lugo; asesor/a explotacións gandeiras na Asociación Profesional Gandeiros de Lugo; asesor/a técnico empresarios do medio rural na Asociación de Desenvolvemento Rural ODEGA (Guitiriz); Tramitador/a fiscal e laboral a entidades do rural na Asociación de Desenvolvemento Rural ODEGA (Guitiriz); monitor/a de informática para centro ocupacional na Fundación Protección Discapacitados psíquicos de Vilalba Terra Chá (Vilalba); terapeuta ocupacional na Asociación COGAMI da Mariña; mestre educación especial en ASPANANE (Viveiro); terapeuta ocupacional en AUXILIA Lugo; terapeuta ocupacional na Asociación Ágora (Monforte de Lemos); responsable programa de inserción laboral no ANPA Colexio Educación Especial Santa María de Lugo (Lugo); terapeuta ocupacional en ASPACE (Lugo).
– Na liña veterano (de 30 á 50 anos) son un total de 2 postos de traballo: técnico de actividade física na Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Monforte (Monforte de Lemos); peón especialista na Asociación Territorio Verde (Cervantes).
– Na liña sénior (maiores de 50 anos) son un total de 3 postos de traballo: coidador/a; COGAMI da Mariña; educador/a social en ASPANANE (Viveiro); monitor/a na Asociación os Pinchacarneiros (Lugo).
Novos empregados
Os 39 novos empregados, tras resolverse o proceso selectivo, comezarán a traballar de forma inmediata, unha vez, formalizada a contratación dos empregados, por parte da entidade social; proceso para o cal contan con 5 días hábiles dende ó 22 de abril ao 26 de abril. O resto de persoas solicitantes, quedarán en listaxe de reserva por si algún traballador non superara o período de proba, ou para os casos nos que poidan xurdir baixas de longa duración, maternidade, ou outras circunstancias.























No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



