O alcalde e o edil de Deportes presentaron o proxecto ante os representantes de diferentes clubs, entidades e centros de formación da comarca vencellados a este deporte
Cervo, 18 de maio de 2022. O Concello de Cervo contará despois deste verán coas primeiras pistas de atletismo homologadas da Mariña, grazas á materialización do convenio de colaboración subscrito entre a administración local e a Xunta de Galicia, a través da secretaría xeral para o Deporte, que cofinanciarán a renovación das pistas existentes no complexo deportivo da Veiga.
Así o anunciou o rexedor, Alfonso Villares, que, en compañía do edil de Deportes, David Rodríguez, compartiu esta mañá os pormenores do proxecto con representantes de diferentes e clubs e centros de formación da comarca vencelladas ao deporte, e que nestes intres xa están a facer uso regular das instalación existentes; Olga Vicente e Fernando Fernández en representación do Club Deportivo San Ciprián, Rubén Piñeiroa, do club de atletismo de Lourenzá, Xosé Manuel Rubal, mestre de Educación Física do IES Marqués de Sargadelos, e Salvador López, titor do Ciclo de Grao Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva (TSEAS), no IES Monte Castelo de Burela.
Tal e como apuntaron Villares e Rodríguez, este mesmo xoves será aprobada en pleno ordinario unha modificación orzamentaria para facer fronte á renovación do complexo, por un importe de 210.000 euros, procedentes do Remanente Líquido de Tesourería “un investimento ao que podemos facer fronte grazas á xestión responsable das arcas municipais”.
Polo tanto –engadiu Villares- podemos dicir que xa contamos co orzamento necesario para poder executar esta obra que “permitirá situar a Cervo como epicentro do atletismo na Mariña grazas á optimización dos recursos xa existentes”, porque o Concello xa conta cunha instalación de 400 metros de lonxitude e 6 rúas, que foi inaugurada no ano 1994.
O edil de Deportes, David Rodríguez, explicou que está previsto que nos vindeiros meses comecen as obras de adecuación da instalación que consistirán “na renovación da pavimentación da pista con material sintético homologado, na mellora da rede de saneamento evacuación de augas e na adecuación da infraestrutura para as probas de salto de pértega, carreiras de obstáculos, salto de altura, salto de lonxitude, triplo salto e lanzamento de peso”.
As novas pistas homologadas da Veiga, tal e como apuntou no seu momento o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, que destacou a idoneidade da localización “darán servizo a todos os atletas e deportistas de Cervo, da Mariña, de Lugo e de todos os galegos e galegas que queiran facer deporte nunha instalación de primeiro nivel”. Coa nova pista, “Cervo e a Mariña occidental situaranse como referentes do deporte na provincia de Lugo” -sentenciou-.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.

