Conta a historia que as primeiras celebracións do Día da Nai remóntanse á antiga Grecia, onde se rendía honores a Rhea, a nai de Júpiter (o deus do ceo). Os romanos chamaban a esta efeméride A Hilaria e tiña lugar o quince de Marzo no templo de Cibele. Os primeiros cristiáns transformaron estas celebracións en honor da Virxe María, a Nai de Xesús, que mais tarde trasladaron ó mes de Maio, por ser éste o tempo sinalado pola Igrexa para honrar de xeito especial á Nai de Deus e por ser tamén o mes das flores, pois é sabido que éstas contan cnnha linguaxe propia e que con cada unha delas podemos transmitir unha mensaxe diferente. Actualmente na maioría dos países europeos celébranse o primeiro domingo de maio. Pero non en todas partes é o mesmo día, pois amais de EE.UU. tamén en Alemania se festexa o segundo domingo, e nos países de Latinoamérica a data varía por motivos, ás veces, ben curiosos: Nicaragua, por exemplo, escolleu o día 30 de maio, porque nesa data era o cumpreanos de Casimira Sacasa, que era a sogra de Anastasio Somoza, presidente entón daquel país na década dos anos corenta; na Arxentina o día sinalado é o terceiro domingo de outubro… Mantemos na memoria o recordo dunha celebración especial do Día da Nai, en Foz, o ano 1968. Naquela data unha Asociación de Cabezas de Familia, existente na vila, que presidía Martín Jaureguizar, organizara a festividade da Nai cunha velada literaria no entón Cine Cageao, ateigado de público, no que participaran rapazas e rapaces dos colexios; acto que pechara don Ramón Fernández Mato, coa brillantez do seu verbo florido, tan rica en imaxes e metáforas; sen dúbida, un broche de ouro para un evento no que as flores e a poesía foran os elementos que deran vida ó acontecemento. Ó remate del, unha comisión da directiva da devandita asociación, trasladárase a Cordido para homenaxear no seu domicilio á que naqueles intres era a nai mais vella do concello. Foi hai 45 anos.
Suso Fernández




















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



