11 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Viveiro informa que, coincidindo co primeiro día de bo tempo dende a entrada en vigor da Orde de Sanidade do 5 de xullo, este xoves houbo labores de vixiancia e información por parte da Policía Local nas praias do municipio

09-07-20

Os axentes supervisaron o control do uso da mascarilla, que é obrigatorio excepto no momento do baño; o respecto á distancia interpersoal, tendo en conta que a superficie de praia a ocupar por cada usuario é de polo menos catro metros cadrados, e o cumprimento do límite máximo de dez persoas por grupo. Así mesmo, os axentes da Policía Local realizaron labores informativas a través da megafonía das radiopatrullas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive