A AC O Pasatempo colabora este ano cos “Mercados de Verán” que se celebran nos meses de xullo e agosto en Mondoñedo, e máis concretamente nos “Xoves con Xeito”. Os xoves 17, 24 e 31 de Xullo e 7 e 14 de Agosto, haberá cine ó aire libre na Praza do Concello ás 21:45h coas proxeccións de “Calquer día en Mondoñedo…”, unha serie de vídeos recopilados desde os anos 80 nos que se mostran a vida da cidade desde aquela época ata hoxe en día. “Un auténtico arquivo en imaxes para disfrutar e recordar o pasado, tanto para mindonienses como para visitantes”, cren dende a asociación. A outra parte dos “Mercados de Verán” son os “Domingos frescos” cando a Praza da Catedral acolle un mercado de produtos locais de tempada con radio en directo e demostración de oficios na rúa.







A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



