Pasados quince días de agosto, na recta final do verán 2014, despois dunhas merecidas vacacións e agardando as festas patronais, chega o outono e con el o regreso á casa e ó traballo. Veciños e Concello, volvemos á normalidade.
Dando un paseo polo noso pobo podemos comprobar o barullo da xente, o abarrote das rúas peonís, da Avda. de Asturias e Galicia, o tráfico, … Movemento, beneficio para comerciantes, hostaleiros e o sector servizos en xeral, algo distinto ao resto do ano, pero… ¿Onde está o noso Equipo de Goberno, a maioría do BNG e, máis concretamente, o edil de medio ambiente; é dicir, o responsable da limpeza de Ribadeo?
Toda esta xente trae consigo a adopción de medidas excepcionais para seguir mantendo a Ribadeo nunhas condicións de limpeza e salubridade mínimas. ¿Réganse as rúas aínda que só sexan as peonís? A resposta é afirmativa pero só cando chove: “a natureza é moi sabia”.
As Catedrais e pouco máis no verán. Iso é o que lle preocupa ao Goberno de Ribadeo; pero con respecto á limpeza do resto do pobo, pouco, por non dicir nada.
O turismo é o que se pretende fixar, dándolle calidade e diversidade, tema no que coxea o Goberno local. Moito reclamar á Xunta de Galicia, moito mobilizar xente para que se oian as súas reivindicacións, pero os deberes fundamentais de calidade, limpeza e salubridade sen facer.
A Ruta das Praias ribadenses é un auténtico camiño de cabras; reclamei en numerosas ocasións o seu arranxo e a única resposta que obtiven foi o silencio.
A cala de Coto, en A Devesa, onde o mar e as súas embestidas danaron a estrada é outro exemplo. Reclamouse con asiduidade o seu arranxo, ao final chegou pero gracias a Costas e ao Estado.
Cumpran co seu traballo, cobran por iso, manteñan a Ribadeo limpo e digno como se merece, esquézanse de reclamar tanto aos demais e fagan os seus deberes porque a climatoloxía é incontrolable e non sempre está ao servizo dos nosos desexos, malia repito, “é sabia”.
Ribadenses e visitantes, rematen felices as vacacións de agosto, celebren unha feliz Patroa, xa en setembro, antes de retomar a rutina e as costumes da nova estación.
Jesús López Penabad
Presidente do PP de Ribadeo.




Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



