Novo éxito da sección de atletismo das Escolas Deportivas Lourenzá Mondoñedo nunha nova carreira popular disputada o pasado domingo baixo unha fenomenal organización onde os atletas se sentiron os verdadeiros protagonistas: a II Benquerencia Terra e Mar.
O club laurentino e mindoniense recolleu o trofeo simbólico como colaborador e animador da proba.
Os resultados por podio:
Prebenxamín feminino
1- Iria Rguez.
2- Henar Méndez
Benxamín Feminino
3- Diana Lastra
Benxamín Masculino
3- Brais Díaz.
Alevín Feminino
1- Ainara Rguez.
2- Ana Vallines
Alevín Masculino
1- Alexandre Santiago
2- Mario Pardo
3- Hugo Villalba
Veteranas A Feminino
Marisa Ares e Loli Piñeiro alcanzaron a terceira posición, entrando co mesmo tempo, despois de realizar o día antes a Media Maratón Ribadeo/As Catedrais.
Media Maratón Ribadeo /As Catedrais
Todos os participantes da sección de adultos de atletismo das ED Lourenzá Mondoñedo participaron na Media Maratón Ribadeo/As Catedrais conseguindo rematar a proba de 21 quilómetros sen ningún abandono.
Resultados:
| P.GEN | DORSAL | NOM. | APELL. | T.OFICIAL |
| 88 | 173 | MARCOS | RODRIGUEZ DIAZ | 01:28:59 |
| 89 | 605 | ALEJANDRO | VILLALBA LOREDO | 01:28:59 |
| 190 | 176 | JOSE MANUEL | ALVAREZ CARBAJALES | 01:36:01 |
| 300 | 177 | LUIS MANUEL | GRAÑA GONZALEZ | 01:41:00 |
| 548 | 164 | JUAN LUIS | MENDEZ PAZ | 01:58:25 |
| 590 | 174 | MARISA | ARES REIGOSA | 02:05:18 |
| 591 | 169 | LOLI | PIÑEIRO RODRIGUEZ | 02:05:18 |
| 604 | 163 | JOSE | LOPEZ GAVIN | 02:10:55 |























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
