Venres, 26 de xuño. Imdecum presentou este venres a terceira edición do Campus de Fútbol Base ‘Máis que Fútbol’ de Burela. O complexo deportivo da Marosa, escenario do clínic entre o 13 e o 18 de xullo, acolleu o acto; xunto ao presidente da Fundación, Marcelino Luna, e o coordinador do campus, Juanma Marrube, tamén participaron, como colaboradores na organización da cita futbolística, o directivo da AFD Porto de Burela, Alberto Rega Río, e o alcalde de Burela, Alfredo Llano, ademais do edil Ramiro Fernández.
Ao longo de 6 días os rapaces/as de entre 6 e 15 anos (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete) terán a oportunidade de coñecer máis sobre o fútbol sen deixar de divertirse, compatibilizando adestramentos, campionatos de precisión, pase, tiro…, torneo interno, con piscina, talleres de ocio, a práctica doutros deportes e visitas de interese.
O clínic tamén conta co apoio do CD Burela FS Pescados Rubén e Gadis.
Matrícula
O prazo de matrícula estará aberto ata o mércores 8 de xullo. O prezo por alumn@ será de 130 euros (110 € para AFD Porto de Burela e ED Burela FS), incluíndo actividades en xornada de mañá (10.00-14.00) e tarde (17.00-20.00) e aperitivo de media mañá e merenda. As familias que apunten máis dun nen@ terán un 20% de desconto a partir da segunda matrícula. Banco Santander: ES 57 0049 0541 2722 10445391
Axenda estival
Estreándose na organización de Máis que Fútbol de Fútbol de Burela, Imdecum ofrecerá tres campus ao longo do mes de xullo. Abrirá a súa xira formativa do verán 2015 o día 7 co I Campus de Fútbol Sala Base da Fonsagrada, ata o sábado 11, e entre o 20 e 25 de xullo trasladarase a Asturias para o II Campus de Fútbol e Fútbol Sala Cangas del Narcea.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
