Un operario faleceu este martes tras caer por unha escaleira mentres reparaba o tellado dunha nave situada no lugar de O Mazo, en Riotorto.
Pasados uns minutos das 09.00 horas, os servizos sanitarios informaron ao CAE 112 Galicia do suceso. Indicaron que, pese a que os sanitarios xa se atopaban no punto, só puideron certificar o falecemento do infortunado.
Dende o 112 Galicia informaron á Garda Civil que confirmou que no momento de producirse o accidente, o operario, realizaba o seu traballo nunha empresa de autocares da localidade.