A Lei electoral xeral (1986) dispón que poidan votar as persoas declaradas incapaces por sentenza definitiva, agás que na propia sentenza se determine expresamente a privación deste dereito electoral. O Código Civil (1983) dí que deben ser declaradas xudicialmente incapaces as persoas que padezan unha doenza psíquica ou física que lles permita valerse por si propios. Mais o grao de afectación da capacidade determinada na sentenza e as funcións das persoas que substitúan ou complementen a capacidade das persoas afectadas é absolutamente flexíbel e depende de cada caso.
Quere isto dicir que as bases legais son abondas. O que cómpre é mellorar substancialmente determinadas decisións xudiciais, no senso de restrinxir só o dereito de sufraxio en casos moi extremos, a respecto de persoas privadas de toda capacidade de aprendizaxe e socialización. Quen pode facer un testamento, cursar estudos regrados ou desenvolver unha ocupación laboral ha poder votar. Unha persoa aqueixada dunha diversidade funcional psíquica non ten porque someterse a un exame xudicial que non pasaría a metade do censo electoral.
Velaí a necesidade de que as familias (como está a facer a de Mara) e os Fiscais que poden promover a declaración xudicial de incapacitación esixan que ésta sexa un traxe personalizado, salvando, non só o dereito de voto, senón todas as facultades xurídicas que non cumpra limitar para protexer ao afectado (autonomía nas relacións sociais e personais, autonomía na administración dalgúns recursos econòmicos domésticos…). A sentenza xudicial de incapacitación decídese para protexer á persoa atinxida e ten que respectar a súa dignidade e intimidade.
Porén, a clave deste debate son as políticas de inclusión social das persoas con discapacidades psíquicas. Persoas diversas en capacidades, mais que han ser iguais en dereitos. E esta igualdade esixe unha política de integración educativa, social e laboral ben dotada de recursos. Os mesmos recursos que foron substancialmenrte recurtados polo Goberno Feijóo na Grande Depresión, con actuacións como o peche indirecto dos Centros especiais de Emprego de Aspanas en Ourense.





Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



