Lourenzá 1-1-17. As Escolas voaron sobre o asfalto de Ribadeo para pechar un 2016 glorioso. Triunfos de Sheila Iglesias, Pedro Moirón, Carmen García, Aarón Millares, Claudia Graña, Iria Rguez., Carme Alonso e Aleix Díaz!!! San Silvestre 2016
Iniciación Masculina: 1º- Pedro Moirón. Raúl Pérez(4º) e David Díaz(11º)
Iniciación Feminina: 4ª- Carlota T. Menéndez.
Prebenxamín Masculina: 2º- Iago Longarela. Marcos Graña(17)
Prebenxamín Feminina: 1ª- Sheila Iglesias. 2ª- Andrea García. 3ª- Sara. S. Otero. Sara Terrón(11ª).
Benxamín Masculino: 1º- Aarón Millares. 3º- Carlos Docampo. Fabián Otero(5º)
Benxamín Feminino: 1ª- Iria Rguez. 2ª- Henar Méndez. 3ª- Aroa Glez. Noa Valiña(5ª), Miriam Vera(10ª), Emma García(11ª).
Alevín Masculino: 2º- Manuel Rguez. 3º- Ian Méndez.
Alevín Feminino: 1ª- Carmen García. 2ª- Valeria Álvarez. 3ª- Diana Lastra. 4ª- Cecilia Gómez.
Infantil Feminino: 1ª- Carme Alonso. 2ª- Mariña Salvatierra. 3ª- Ainara Rguez.
Infantil Masculino: 1º-Aleix Díaz. 4º-Nicolás Álvarez. 6º- Alberto Glez.
Cadete Feminino: 1ª- Claudia Graña.
Junior Masculino: 3º- Aarón Rivas. 5º- Pablo Irimia.
Junior Feminino: 5ª- Carmen López. 7ª- Andrea Cancio.
Ademáis participaron na proba non competitiva de pitufos Fernando, Unai e Lucas!!! E Hugo López representounos na San Silvestre do Fluvial de Lugo e Samuel Debasa na de Vilalba.!!!
E o sábado na San Silvestre de Vegadeo tamén estivemos presentes:
Benxamín Feminino título para Henar Méndez.
Alevín Feminino título para Iria Rguez. Prata para Diana Lastra.
Alevin Masculino título para Ian Méndez.
E en Infantil Feminino título para Carme Alonso e prata para Marta Alonso.




















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
