Deste xeito celebraron o día da árbore. O bo tempo, reinante na xornada de hoxe, permitiu que esta labor se desenvolvese do mellor xeito posible.

Celebrouse na Casa do Mar, organizado polo Concello e o Club de Xadrez San Roque. Houbo unha excelente participación, con 23 xogadores e xogadoras repartidos entre todas as categorías. Os gañadores foron: Sub 8: Gael Varela. Sub 10: Javier Fernández. Sub 12: Xulio Pernas. Sub 14: Junliang Wu. Sub 18: David Güeto. Absoluta: Alejandro Alloza. Na entrega de premios participou o concelleiro Alfredo Fernández, que felicitou aos xogadores polo seu gran nivel e animounos a seguir practicando este deporte.
Dentro da programación do 50 aniversario da asociación, comeza esta etapa cun espectáculo moi especial 'Cóntoche un traxe', no que a través do relato de Montse Rivera disfrutaremos do traxe tradicional nun formato pouco habitual. Será no auditorio municipal de Burela este sábado 4 de outubro ás 6 da tarde para pasar unha entretida tarde en familia; ésta é unha acividade aberta ao público e con entrada de balde.
Foi unha concentración simultánea en toda Galicia. No caso da Mariña celebrouse en Ribado nos Cantóns do Moreno.
Rematou con empate técnico entre o Río Xunco e o Río Cobo. Con especial agradecemento a Alba María, Lupe Blanco, Caxoto e Carmen Conde de Tarabela Creativa. O Festival de Narración de Cobo a Xunco levou contos e historias cada venres de setembro a diferentes lugares e parroquias do municipio, cunha programación pensada para persoas de todas as idades que culminou co Peche na Casa da Cultura, nunha batalla dialéctica entre os embaixadores/as dos dous ríos, Xunco (Caxoto) e Cobo (Carmen Conde).
O pasado xoves 25 de setembro mestres da Escola Municipal de Música deleitaron ao alumnado e ao profesorado do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón cunhas pequenas pezas musicais a modo de concerto didáctico nos ximnasios de ditos centros educativos de Xove co fin de amosarlles o traballo que día a día realizan nas clases da escola á vez que intentar conseguir novos alumnos para este curso que ven de empezar. Ademáis este mércores tivo lugar a presentación do novo curso da Escola Municipal de Música nunha aula do Colexio de Palmeiro, instalacións que usan a diario para desenvolver a sua programación.
A cita terá lugar na Praza de Santa María a partir das 12:00 horas e contará con postos de diferentes países do mundo dos que proceden veciños e veciñas migrantes de Vilalba. Serán eles e elas quen elaboren comidas típicas dos seus lugares de orixe, que se ofrecerán de forma totalmente gratuíta ata esgotar existencias a todas as persoas que se acheguen. Ademais da gastronomía, a feira incluirá trípticos informativos nos que descubrir aspectos clave da cultura e da historia de cada un dos países representados, ofrecendo así unha experiencia completa de coñecemento e convivencia.
Pola mañá realizarase unha visita guiada ao mosteiro, así como os seus arredores; a medio día visita a Portomarín, e pola tarde a ao pazo de Tor, en Monforte. O prezo da actividade será de 65€ para socios/as e 75 para non socios/as. Para que se realice a actividade deberá haber un mínimo de 20 persoas inscritas. Non se poderá exceder as 30 por limitacións de público nas visitas. Para inscribirse, enviar un correo indicando nome e apelidos. Para aboar o prezo xa se darán instrucións respondendo a dito correo. Tamén se pode facer a inscrición mediante mensaxe de WhatsApp ao 699809606.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital