Lugo, 15 de decembro de 2017. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participou este venres na sinatura de convenios entre a Federación Galega de Piragüismo e os sete clubs desta modalidade deportiva da provincia, que tivo lugar no Pazo de San Marcos, e que suporá a contratación de 7 técnicos, un por cada equipo. No acto interviñeron o Presidente da Federación Galega, Alfredo Bea García, e representantes dos sete clubs lucenses: Club Deportivo San Ciprian; Cidade de Lugo; Club Fluvial; Club Kayak de Foz; Club Piragüismo Viveiro; Club Altruan de Ribadeo e Club Montaña Quixós de Monforte de Lemos.
A sinatura destes convenios enmárcase na iniciativa do Goberno Provincial, a petición dos propios clubs da provincia, para o desenvolvemento do Programa de promoción provincial do piragüismo, para o que o Executivo destina de 212.500 euros, divididos en tres anualidades: en 2017 destináronse 42.500 euros; en 2018 serán 85.000 euros, e en 2019 outros 85.000 euros.
Rivera Capón subliñou que “hoxe damos un paso máis no pulo do piragüismo na provincia de Lugo, e facémolo respondendo ás peticións dos propios clubs, pois unha das súas demandas era a contratación de persoal para reforzar o servizo que prestan, engadindo novas tarefas como o seguimento dos resultados competitivos e académicos aos padexeiros da provincia, a través de visitas aos clubs e concentracións, o que sen dúbida redundará no beneficio de todos”.
O persoal técnico encargarase das seguintes funcións:
1. Actividade de promoción nos centros educativos a través da campaña escolar “Deporte Educación” coa finalidade de aumentar a base de usuarios de piragüismo, vinculándoa cos clubs existentes na provincia de Lugo e a creación de novos clubs.
2. Desenvolvemento do programa federado, consistente no asesoramento técnico nos procesos de adestramento aos clubs da provincia de Lugo, realización do control e seguimento destes procesos e dos resultados competitivos e académicos aos padexeiros da provincia a través de visitas aos clubs e concentracións.
3. Desenvolvemento de xornadas técnicas, cursos de formación e toda a acción docente precisa para formar aos técnicos existentes nos clubs.
Esta iniciativa supón un instrumento de colaboración para o impulso deste deporte na provincia de Lugo. Deste xeito, busca achegar o piragüismo á poboación escolar e adulta da provincia de Lugo, mediante o desenvolvemento de actividades específicas e coa posta en común de medios e persoal cualificado.
Cesión da Escola Provincial
Ademais, a Deputación puxo a disposición deste proxecto a Escola de Piragüismo Provincial, para que cumpra a función de plataforma de divulgación e promoción da práctica do piragüismo na provincia e contribúa na captación de futuros padeeiros e na consolidación dos clubs da provincia. Así, serán os propios clubs os que xestionen directamente a escola, situada no entorno de Os Robles.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 
