En febreiro deste ano, coincidindo co seu aniversario, regaláronlle uns libros ao meu compañeiro; dous de fotografía e un sobre a historia política da Europa do século XX. Por motivos profesionais, e porque me gusta particularmente, púxenme co último. O caso é que, entre todas as páxinas que lin, houbo unha frase que interioricei moito e que penso, volve ser moi axeitada tras a carta de Pedro Sánchez de onte. A frase en cuestión fai referencia ao período de entre guerras e di o seguinte “ unha democracia sen demócratas é un perigo interior e exterior”. That’s it. Logo, segue con outra frase que me parece fundamental para desenvolver este artigo que explica que ,normalmente, adoitamos concibir á Europa de entre guerra como un continente descarrilado por ditadores lunáticos no lugar de considerala como un continente que tiña optado polo abandono da democracia.
Sobre estas frases reflexionara en febreiro con D vendo cal estaba sendo a campaña do PPdeG ante o medre do BNG ( todo aquelo do bildugá e a manipulación descarada dos medios de comunicación públicos). En realidade non é que nos pillara por sorpresa pois, por desgraza, todo acontece con anterioridade en Galiza (e se non que llo pregunten a Anxo Quintana e o acoso constante que sufriu na campaña do 2009). Sexa como for, dende que o bipartito entrara no poder, a cúpula de Feijóo comezou a construír a campaña do fango que dende esa sería a súa única forma de facer e entender a política. A política en minúsculas, claro; acusacións e falsidades para ocultar a súa falta de proxecto e ambición para Galiza que aínda seguimos padecendo – e disto ben somos coñecedores na Mariña- a día de hoxe.
Polo que sexa, á dereita e ás elites do país e do estado non lles gusta demasiado a idea de que goberne a esquerda, vímolo co bipartito e vémolo agora co actual goberno do estado ao que levan seis anos chamándolles: golpistas, goberno ilexítimo, filoetarras, ocupas e un longo etc de sen sentido. Sen irnos máiss lonxe, sigo pensando no vídeo con fundido de imaxe entre Ana Pontón e o Otegi que fixo o PPdeG para a campaña das eleccións GALEGAS. De novo, normalizamos que se poda chamar ilexítimo a un goberno legalmente formado segundo a súa sacrosanta Constitución e que me chamen, por exemplo a min – que algo sei do tema-, terrorista por formar parte do BNG ou enxangar o debate para que non se fale do verdadeiramente importante: de Galiza. Dende logo non serei eu quen defenda ao Partido Socialista pois non só está sendo Pedro Sánchez o obxectivo das calumnias e da política do fango da dereita, foino naquel momento Anxo Quintana – o PSOE mirou para outro lado-, foino recentemente Mónica Oltra – mái do mesmo- , foi Irene Montero e a súa familia – o PSOE volveu mirar para outro lado- e moitas outras políticas e políticos aos que este tipo de manobras alonxaron da política, precisamente por iso: porque senten que o poder é seu, non noso.
Imos tarde para marcar liñas vermellas na política pois os dous principais partidos do estado levan actuando e consentindo un longo período de tempo. O que está claro é que a familia e a saúde mental é algo que hai que coidar e nese sentido, o presidente do goberno ten dereito a estimar que é o mellor para a súa porque detrás de calquera político existe unha persoa de carne e oso con vida persoal e propia. Non todo vale.
Esta tendencia obsérvase noutros países da UE onde se deu moito espazo ao populismo e á política en minúsculas da dereita e, veremos, como -probablemente- pagaremos as consecuencias en xuño. Democracia sen demócratas, interiorizada e reflexionada.




















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



