A cita está organizada pola A.C. Recreativa Fervenza de Sargadelos, pola agrupación Fol do Raxal e por A Morena, coa colaboración da Administración Local
Cervo, 25 de abril de 2024. O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a asistir sábado, 4 de maio, á VIII Foliada e á Feira de Artesanía e Alimentación que terá lugar na Praza do Souto, desde as 11:00 horas.
A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, representantes da Deputación, e por membros da A.C. Recreativa Fervenza de Sargadelos, da agrupación Fol do Raxal e A Morena, que organizan o evento no que colabora, como cada edición, o Concello de Cervo.
O día está repleto de actividades diversas pensadas para desfrutar con amigos e familia. Ás 11:30 horas, está previsto un obradoiro de construción de xoguetes musicais da man de Pablo Pintor, que se desenvolverá nas Escolas Vellas de Cervo. Ás 12:00 horas, no salón de actos do Concello, terá lugar a presentación do traballo de investigación a Gaita na Terra de Melide, co seu autor, Suso Ascariz. Un percorrido sonoro, literario e fotográfico pola tradición musical da zona.
Tamén ao mediodía, arrincarán os cantos de taberna coa participación de A Rebolaxe, Amiguinhas Foliadeiras, Antoxo duns Poucos, Arume, Cordenaia, Ledicia, Os Netos de Escribano e Os do 21.
A continuación está prevista a sesión vermú coa Charanga Alxibeira.
Xa pola tarde, ás 16:00 horas, nas Escolas Vellas, terá lugar un obradoiro impartido por Branca Villares, sobre a Festa dos Maios. E tamén haberá na Praza do Souto Xogos Populares con Xotramu.
Ás 18:30 horas, será a Foliada coas actuacións de As Faíscas, As Ferriñas, Fol do Raxal, Ledicia, Maravalla, O Arco da Vella e Saíñas.
Como peche de festa, ás 22:00 horas, terá lugar o concerto de Faíscas da Pontraga, seguido de Foliada Libre e Queimada.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, quixo animar a veciños e visitantes a que se acheguen a desfrutar desta xornada en Cervo, na que se mesturan tradición, cultura e artesanía “nunha contorna privilexiada como é a capitalidade municipal, que sempre sorprende e marabilla a quen a descubre por primeira vez e que é un lugar de encontro acolledor para os que xa a coñecen”.
A rexedora tamén quixo felicitar á organización, A Morena, Fervenza de Sargadelos e Fol do Raxal, que “son todo un exemplo da riqueza cultural e asociativa que temos no noso municipio e que contribúen enormemente a difundir a cultura galega e tamén a dinamizar o noso municipio coas diferentes actividades que programan durante o ano”, e nesta ocasión quixo destacar a “capacidade para reunir a unha representación importante da riqueza folclórica tradicional da Mariña” nun evento que ano tras ano é un éxito de participación; como de seguro o vai volver ser o próximo 4 de maio, “porque ten todos os ingredientes para elo”, sentenciou.
Colaboración da Vicepresidencia da Deputación
A deputada de Cultura Iria Castro participou na presentación deste encontro de música tradicional, na que se deu a coñecer o programa da xornada, que contará coa participación de quince agrupacións -entre os cantos de taberna e a foliada – e o concerto de Faíscas da Pontraga.
Na presentación, a responsábel de Cultura destacou “o papel do asociacionismo de base na dinamización cultural e, especialmente, na conservación e na difusión da música tradicional” e encadrou a colaboración coa Foliada de Cervo “no apoio da área de Cultura ás iniciativas que xurden do asociacionismo e á difusión da música en galego, a través de programas como Tradigalu ou Xunt@s polo Serán”






















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



