Lugo, 9 de decembro de 2017.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou a empresa lucense Comenza, no polígono industrial do Ceao en Lugo. Esta peme, creada no ano 2004 e especializada no deseño e desenvolvemento de sistemas de varandas de vidro e aceiro inoxidable para todo tipo de edificacións, vén de recibir unha axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria no marco da convocatoria Innova Peme para o desenvolvemento do seu plan de innovación. Así mesmo, conta co apoio de GAIN para a contratación dun técnico dedicado a tarefas de I+D+i a través do programa Principia 2017.
A través da liña de axudas Innova Peme, orientada a mellorar a capacidade innovadora de pemes e micropemes galegas, Comenza valorizará os seus produtos e servizos innovadores, que xa son un referente a nivel internacional pola combinación de deseño, seguridade e facilidade de instalación; avaliar a viabilidade de novos produtos, como unha nova liña en madeira, material non usado neste sector pero con gran potencial polas súas características técnicas e estéticas; e mellorar os seus procesos a través da incorporación de tecnoloxías facilitadoras, como a Building Information Modelling (BIM), metodoloxía que centraliza toda a información do proxecto arquitectónico nun modelo de información dixital creado por todos os seus axentes, ou a Business Inteligence (BI), conxunto de estratexias que permiten transformar os datos existentes nunha empresa en información útil para a toma de decisións.
Para executar este plan de innovación, orzamentado en preto de 250.000 euros, contan cunha axuda da Xunta do 50% e a colaboración da Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE) da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais de Comenza, outras 48 empresas entre micropemes e pemes galegas resultaron beneficiarias desta convocatoria que ofrece a posibilidade de sistematizar, potenciar ou optimizar a súa actividade innovadora a través do lanzamento de novos produtos e servizos, a súa internacionalización ou a mellora dos procesos.
Entre os resultados desta convocatoria, que vén de adxudicar 4,7 millóns de euros, destaca que o 45% das empresas beneficiarias son pequenas, o 33% son micropemes e o 22% restante son medianas. Ademais, o 90% dos beneficiarios colaborarán con algún organismo de investigación público ou privado de Galicia; e máis da metade das beneficiarias non tiñan recibido anteriormente unha axuda de GAIN.
Pola súa banda, a través da segunda convocatoria do programa Principia, apoiouse a contratación de 210 mozas e mozos investigadores en empresas e centros de investigación galegos durante un período mínimo dun ano, co fin de favorecer a súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente preparado para acometer proxectos vinculados á I+D+i. Comenza recibiu apoio para a contratación dun técnicos de I+D+i a través desta liña de axudas que, en total, nas dúas edicións, permitiu a inserción laboral de preto de 300 investigadores e mobilizou 8,3 millóns de euros.
Comenza está presente, segundo datos facilitados pola propia empresa, en proxectos arquitectónicos en máis de 25 países como o metro de Panamá, o centro comercial Terramall en Costa Rica, o residencial Torres Manquehue en Chile, o residencial de luxo
L´Arbre Blanc en Montpellier ou os hoteis de cinco estrelas ME en Ibiza e Mallorca. Actualmente, atópase inmersa nun proceso de investimento, crecemento e transformación co obxectivo de certificarse conforme aos códigos de edificación de Reino Unido e Francia, aumentar a súa presenza comercial no mercado latinoamericano, do Norte de África e Oriente Medio e facilitar dentro dun entorno dixital a prescrición dos seus sistemas aos estudos de arquitectura de calquera parte do mundo.




















A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



