Escoito a voz
que me silencia:
comezo a expresar
o necesario
Estes versos de Luisa Villalta expresan moito en moi poucas palabras. A música, o teatro, a poesía… culturalmente é unha autora que abarca moitos ámbitos. Representa as inquedanzas dunha Galicia que é un referente cultural, sobre todo, se lle deixan berrar aos catro ventos a súa liberdade para ser o que quere ser.
“Sempre o teatro á procura da verdade”, ese teatro que nos fai felices, cando nos mergullamos na representación dun texto que nos envolve, que nos eleva, que nos fai entrar noutras realidades, noutros lugares, noutras vidas…
“Silencio me chaman neste tempo no que vivo porque non se me escoita”. A lingua, coa que nos expresamos no noso día a día, que importante é. Ese significado de pertenza, esa forma diferente de expresarnos (esa forma de dicir as cousas como nos reina, como diriamos en Foz). Ter formas propias de expresar felicidade (ledicia), ese sentimento de botar en falta (morriña), tristura (mágoa), tantas e tantas palabras que nos enriquecen e que aniñan en nos coma pequenas andoriñas.
Os primeiros versos deste artigo falan de silenciar. Non queremos que ninguén silencie a nosa voz, queremos poder expresarnos no idioma no que nacemos, no que nos criamos, pero tamén queremos que quen fora criado noutra lingua poida escoller a nosa para expresarse todos os días, porque é unha lingua que agarima, aberta e que acolle a quen queira expresarse nela, quen queira facela tamén a súa lingua.
Este 17 de maio sexamos libres de que a nosa voz entendan os bos e xenerosos, que con arroubo atendan o noso rouco son. FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS! AS NOSAS LETRAS.
Inés López Couto (concelleira de Cultura e 2ª Tenente de Alcalde do Concello de Foz)




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



