Entregaranse lotes de libros, que están a chegar a todos os colexios e institutos da provincia, que inclúen publicacións da autora e estudos biográficos
Lugo, 15 de maio de 2024. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo fará chegar aos centros educativos un lote de libros con diferentes publicacións arredor de Luisa Villalta, autora á que se dedican este ano as Letras Galegas. En total, 140 colexios e institutos da provincia reciben nestes días a partida de libros entre os que se atopa un volume da obra poética da autora coruñesa.
No lote enviado aos centros de secundaría, inclúese “Pensar é oscuro. Poesía Reunida”, unha recompilación publicada por Galaxia dos catro títulos que Villalta dispuxo en vida para a súa publicación -Música reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995) e En concreto (2004)-. Tamén contarán coa biografía “Abonda con vivir”, de Montse Dopico (Xerais), feita con retallos da memoria que gardaron da autora persoas que formaron parte da súa rede afectiva, realizando unha análise literaria, sociolóxica e histórica .
Aos centros de primaria, envíase outra biografía da autora homenaxeada polas Letras Galegas, “Tinta do mar. Pequena biografía de Luisa Villalta”, de Enrique Mauricio (Lela Edicións),e “O violino de Luisa, de Verónica Santalices e Mara Méndez (Galaxia), unha obra adaptada ao público máis novo que conta a historia da nena Luisa Villalta e o seu compañeiro Violino para resolver un misterio que devolverá á Coruña o seu bulicio.
A deputada de Cultura Iria Castro explicou que “se trata de exemplares adquiridos polo Servizo de Publicacións co obxectivo de apoiar a produción editorial en galego e, neste ano dedicado a Luisa Villalta, puxemos o foco nela, contribuíndo a divulgar a súa vida e obra no ensino”. “É tamén unha forma de ofrecer recursos á comunidade educativa e de recoñecer o interese poñen na celebración dunha data fundamental para a lingua e a cultura galega”, argumentou.





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



