A formación nacionalista propuxo unha serie de actuacións para a humanización deste tramo da rede viaria
Lourenzá, 14 de maio de 2024. O BNG laurentino presentou no Pleno municipal celebrado o martes 14 de maio unha moción para a mellora da estrada LU P 2801 ao seu paso polo concello de Lourenzá que foi aprobada por unanimidade dos 3 grupos que compoñen a Corporación.
Nesta moción recóllese que nesta estrada, no seu paso pola parroquia de Santo Tomé presenta un paso estreito por mor dunha edificación sen habitar da que os propietarios están a favor do seu derrube e os propios técnicos do Servizo de Vías e Obras da Deputación Provincial viron viable eliminar e completar a beirarrúa. Isto non só melloraría as comunicacións senón que tamén incrementaría a seguridade dos viandantes.
Nas curvas de entrada a parroquia de Santo Adrao tampouco hai beirarrúas, e o cruzamento con camións articulados e de grande tonelaxe dificultan a circulación con seguridade posto que queda pouco marxe de calzada para manobras seguras.
Por isto faise preciso buscar unha solución que permita a circulación e convivencia con seguridade entre todo tipo de vehículos e peóns.
No Pleno, a instancias da concelleira do BNG, Belén Fanego, acordouse instar a Deputación de Lugo, titular de dita vía a facer un estudo para dar solución a esta estrada de xeito que todos os usuarios poidamos convivir sen perigo e aumentando a seguridade, facendo máis doado o acceso de vehículos pesados a calquera industria que queira instalarse na zona, pois trátase de poñer en valor o patrimonio e o desenvolvemento económico desta localidade fundamentalmente rural.
Estas actuacións servirán para atender as necesidades dos veciños, fixar poboación, e sobre todo para mellorar a súa calidade de vida cunhas infraestruturas viarias acordes as necesidades de Lourenzá e dos concellos veciños de Riotorto e A Pontenova que tamén se beneficiarían destas melloras.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



