Ribadeo, 26 de agosto de 2026. Ribadeo investirá 30.000 euros nun novo arranxo no pavillón da Rúa Alfredo Deaño. O equipo de goberno asegura que non hai goteiras na pista e rexeita as críticas realizadas polo BNG.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “a única zona na que hai goteiras no pavillón de Alfredo Deaño é no hall da entrada e no corredor cara os baños, que foi a única zona na que non se actuou. Agora mesmo xa contamos co orzamento para acometer dita obra, que vai roldar os 30.000 euros. Gustaríanos que o BNG, antes de tentar enganar á xente con acusacións incertas, se informe. Desde a Concellería de Deportes estamos encantados de facilitarlles todos os datos que precisen sobre a realidade actual dos traballos feitos e dos pendentes”.
O edil ribadense dixo que “a última incidencia ten que ver cun problema nas baixantes, que si se tivera arranxado no seu momento non tería ocasionado esta problemática. Temos que insistir, tal e como saben todos os usuarios desta instalación deportiva, que na pista non hai goteira algunha, xa que a empresa que realizou as obras de mellora do pavillón arranxou todos os problemas que puideran ter aparecido, algo que non vimos que se fixera noutras obras que o BNG levou adiante na súa etapa de goberno, como puido ser a pista de skate, onde fomos nós os que tivemos que pedir que se amañasen todos os problemas detectados”.
E engadiu: “se non tivésemos que arranxar todos os problemas detectados nas instalacións deportivas de Ribadeo, debido á máxima deixadez e despreocupación por parte do BNG, agora estariamos en novos proxectos e obras, pero vémonos na obriga de actualizar e arranxar todo o que deixou pendente o anterior equipo de goberno. Todo presentaba un estado lamentable. Aínda así seguimos mellorando instalacións como o pavillón de Cubelas, o campo de fútbol e continuamos día a día co mantemento de todas as instalacións deportivas”.




















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



