Os populares teñen advertido da falta de efectivos e condenado a decisión da alcaldesa de optar por un procedemento con medios propios do Concello para cubrir as prazas vacantes no municipio tendo a opción de realizar o proceso a custo cero a través da Xunta”
Vilalba, 27 de agosto de 2026. O PP lamenta que “pola falta de previsión da alcaldesa de Vilalba, o Concello teña que recorrer a efectivos da Policía Local dos Concellos de Burela e As Pontes durante as patronais”.
Ante a falta de efectivos no municipio, os populares teñen advertido que “o Concello de Vilalba tardará en cubrir as prazas vacantes da Policía Local” debido á decisión da alcaldesa de sacar a concurso novas prazas para o servizo de Policía Local con medios propios do Concello gastando os recursos dos vilalbeses nun procedemento máis lento en lugar de “recorrer, coma o resto dos Concellos, a Axencia Galega de Seguridade Pública (AGASP) dependente da Xunta a custe cero para Vilalba e cun procedemento máis rápido”.
Os concelleiros do Partido Popular advirten que “outra das consecuencias, despois da perda da quenda nocturna e da ausencia de servizo durante varias quendas polo día, é que durante estas festas de San Ramón e Santa María o Concello terá que pagar as horas extras dos efectivos que teñen que vir doutros Concellos”. É dicir, “o capricho da alcaldesa de realizar directamente cos medios do Concello o procedemento de selección de efectivos para a Policía Local sae moi caro aos vilalbeses”.
Os populares teñen advertido da necesidade de reforzar o cadro de persoal da Policía Local e lamentan “a falta de previsión en tempo e forma” do goberno local de PSOE e Vilalba Aberta. De feito, consideran que “non se debería ter chegado a esta situación obrigando a outros Concellos a prestar efectivos e aumentando o gasto en horas extras”.
Así mesmo, aseguran que “non entendemos que Marta Rouco prefira gastar recursos públicos e deixar pasar un ano cando existía a posibilidade de realizar o proceso a custo cero a través da Xunta de Galicia”.
Dende o PP de Vilalba inciden en que se trata “dun servizo municipal esencial” en materia de seguridade cidadá e apuntan que “o Concello debe garantir o servizo de Policía Local”, conclúen.

















Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



