Burela, a 5 de setembro de 2018.- O Grupo Municipal Popular de Burela afirmou hoxe que “o Concello é a única administración responsable e competente en materia de tráfico na Rúa Eijo Garay por moito que o alcalde pretenda desviar a atención no referente á colocación do sinal de stop nesa mesma rúa, na súa intersección coa Rúa do Berbés. Vese que o alcalde é un absoluto ignorante xa que descoñece cales son os ámbitos de competencia municipais; pero sería suficiente con que lle dese unha ollada ao Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)”.
Polo tanto, segundo os populares, “o alcalde minte cando sinala que a responsabilidade da sinalización é de Portos de Galicia”. Os edís do PP explican que “ese sería o caso do que se entende como Sistema Xeral Portuario, pero nunca na Rúa Eijo Garay que é de competencia exclusiva da administración municipal”. Por outra parte, “o alcalde fala da idoneidade da sinalización do tráfico que vén do acceso ao porto a Eijo Garay, cando o sinal de stop colocado afecta xustamente ao revés, ao tráfico que baixa de Eijo Garay ata o Sistema Xeral Portuario”, apuntan.
Para os populares de Burela “hai ademais outras tres cousas que quedan en evidencia. A primeira é que o sinal de stop está mal colocado, xusto nun paso de peóns, co que se está sumando un elemento de risco que antes non existía. A segunda é que o alcalde non fixo o tan cacareado plan de tráfico que el mesmo anunciou cando se abriu ao tráfico o acceso ao porto. Nese caso, puido aproveitar as súas declaracións á prensa para explicar os motivos polos que incumpriu o seu compromiso, un dos moitos que leva incumpridos, por certo. E a terceira evidencia é que unha vez máis este alcalde non asume ningunha responsabilidade e culpa a Portos da colocación do sinal de stop nun espazo de competencia exclusiva do Concello demostrando a nula vergoña e respecto institucional que ten este alcalde”, critican.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



