Viveiro 17-4-19. Por viveiro presentou este mércores a lista completa da súa candidatura ás municipais.
1
BERNARDO FRAGA GALDO
ARQUITECTO TÉCNICO. CONCELLEIRO. 35 ANOS
2
MANUEL GALDO DOPICO
PRESIDENTE DE PROMAVI. CONCELLEIRO. 62 ANOS
3
ANA MARÍA GOMEZ MARTÍNEZ
COMERCIANTE. PROPIETARIA DE TENDA. 40 ANOS
4
DANIEL HERMIDA OTERO
MESTRE DE EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN FÍSICA, 31 ANOS
5
CARMEN PAULA INSUA LÓPEZ
OPERADORA DE PRODUCCIÓN EN ALCOA. 35 ANOS
6
JESÚS GONZÁLEZ ROMEO
EMPRESARIO. 49 ANOS
7
LUCÍA LÓPEZ PEREIRA
LICENCIADA EN SOCIOLOXÍA. TRABALLADORA POR CONTA ALLEA. 31 ANOS
8
MANUEL INSUA DÍAZ
ANALISTA DE LABORATORIO. DIRECTIVO COMUNIDADE MONTES SAN ROQUE.
EXFUTBOLISTA DO VIVEIRO CF. 63 ANOS
9
ELENA MARÍA LÓPEZ GALDO
AUXILIAR DE ENFERMERÍA. CELADORA, 64 ANOS
10
OSCAR LARA GIL
LICENCIADO EN QUÍMICAS. ENXEÑEIRO INDUSTRIAL DE SOLDADURA.
TRABALLADOR DE ALCOA. CONCELLEIRO. 45 ANOS
11
CARLA GÓMEZ CASAS
ESTUDANTE. 18 ANOS
12
ALBERTO PIGUEIRAS LEAL
BOMBEIRO DE AENA. SECRETARIO DO CLUBE DE PIRAGÜISMO VIVEIRO. 40 ANOS
13
NOA PARDO RIVERA
ESTUDANTE. 18 ANOS
14
INDALECIO OROSA VÁZQUEZ
MESTRE INDUSTRIAL ELECTRICISTA XUBILADO. 65 ANOS
15
SAÚL GONZÁLEZ MUÑIZ
ESTUDANTE. 19 ANOS
16
ADRIAN MARTÍNEZ REGAL
MESTRE DE EDUCACIÓN FÍSICA. 31 ANOS
17
SARAY BLANCO CANOURA
DIPLOMADA EN RELACIÓNS LABORAIS. DIRECTIVA ACD PENALBA CELEIRO.
CONCELLEIRA ENTRE 2015-2017. 29 ANOS
SUP1
ALFREDO NAVARRO PALMEIRO
TRABALLADOR DE ALCOA. 53 ANOS
SUP2
EVA TRIGO SANJURJO
GANDEIRA. XUBILADA. 49 ANOS
SUP3
IVAN CASTRO CORA
CONDUTOR. 33 ANOS










No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



